Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Felisa Segade | "A música de raíz vive un momento rico que fai que agromen moitos proxectos"

A que fora unha das integrantes de Leilía estrea novo proxecto musical no teatro Colón

Felisa Segade, acompañada dos catro saxofonistas
Felisa Segade, acompañada dos catro saxofonistas
Oscar Antón Pérez
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

O teatro Colón acolle esta tarde (20.30 horas) a presentación dun novo proxecto musical que lle da unha volta á nosa tradición. Trátase da conxunción musical de Felisa Segade cun cuarteto de saxo liderado por Pedro Lamas, un proxecto que xorde dun amigo en común, Rubén Montes, que puxo enriba da mesa esta “idea estupendísima de xuntarnos aos dous”.

É unha xuntanza especial, que pode agardar quen vaia ao Colón a ver esta nova idea? 

Poden agardar algo novedoso, eso sin dúbida. A xente que coñece a traxectoria de Felisa Segade, pois vai a ver a Felisa Segade, é dicir, música tradicional, de raíz. E os saxos o que fan é acompañar esa música. Pero sempre o centro está na pandeireta e na voz. Pensamos que é algo que estaba por facer, que é un novo proxecto, pero tamén é unha nova proposta, diferente doutras que poidas escoitar, porque o tratamento que se lle dá á música tradicional, con este acompañamento, é novedosa. Creo que non podería explicar ben o que pode escoitar, ten que ir e escoitalo e velo (ri).

Como foi o proceso de posta en común entre Pedro e máis vostede, porque ao pensar en música de raíz, non solemos pensar en saxos. 

Iso é cousa de Pedro, por suposto. Como sabedes, Pedro é gaiteiro, pero tamén é saxofonista e a el parecíalle que podería ser unha conxunción novedosa e brillante. Para iso, el bota man de tres saxofonistas excepcionais, que neste momento están facendo un pouco de pandereteiras, como digo eu, porque é uha nova maneira para eles de traballar e para min tamén.

É unha nova proposta, diferente doutras que poidas escoitar, porque o tratamento que se lle dá á música tradicional é novedosoFelisa Segade

O proxecto estreouse na Maré, en Santiago. Como foi a sensación no escenario e co público? 

No escenario sentinme superarroupada, moi ben, notando que a música de raíz está onde ten que estar, no centro, e é o principal do espectáculo. Non sabiamos como ía reaccionar a xente, pero o que si que non ía era quedar indiferente. Houbo xente aberta de orellas, que lle chamo eu, á que lle encantou. Outra iba predisposta a ver saxos ou a Felisa, e como a conxunción non se vira aínda, quedaron un pouco sorprendidos, sen saber ben se lles gustaba ou non (ri). En xeral, a acollida foi boa.

Coinciden esta semana no Colón estreas de proxectos novedosos como o seu e o de Fransy. É un bo momento para dar o paso a estas ideas con novos matices? 

Foi unha coincidencia (sorrí). Creo que é froito da boa saúde que ten a música tradicional neste momento. Xorden moitísimos proxectos, tanto de xente que levamos moitísimos anos na música, como é o caso de Fransy e máis eu, como outros grupos novos que van xurdindo e que botan man da música tradicional. Creo que se vive un momento riquísimo, de moi boa saúde, e iso fai que agromen moitísimos proxectos. Neste momento, calquera estilo bota man da música tradicional, da pandeireta e da voz. Agora mesmo, levantas unha pedra e sae alguén tocando a pandeireta (ri).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620