Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

The Homens | "En Galicia sempre houbo moito talento e moita xente facendo cousas interesantes"

A banda compostelana regresa ás salas cun concerto este venres na Mardi Gras

The Homens, con Martín á esquerda da imaxe
The Homens, con Martín á esquerda da imaxe
Rocío Cibes
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

Hai máis dunha década que os compostelanos The Homens se ausentaron. Mais xa no último tema do seu derradeiro disco, ‘Cuarta Potencia’, deixaban claro que non era un adeus cando cantaban ‘Non é o final, é o principio’. O pasado mes de setembro, o clásico uniforme de raias regresou aos escenarios e este venres volve ao circuito de salas, cun concerto na Mardi Gras (22.30) para o que Martin Wu, un dos integrantes do power trio, deixa claro que non os move só a nostalxia, senón que o motor creativo continúa aceso.

Preguntaremos todos o mesmo, pero, por que volver agora? 

Nunca pechamos a porta a volver, sempre estabamos esperando as circunstancias adecuadas. Cando o deixamos, deixámolo porque Xocas marchara vivir fóra e cruzáranse polo medio as circunstancias da vida, que lle pasan a todo o mundo. Agora danse as circunstancias para volver, estamos os tres en Santiago, temos máis tempo, máis ganas... pareceunos un bo momento para retomalo onde o deixamos.

Xa no último disco deixaban claro que non era un final. 

(Ri) Algo cheirábamos daquela, si. Nunca quixemos poñer un final definitivo, porque non deixamos de tocar porque sentísemos que a cousa estivese agotada ou porque non nos puidésemos ver.

Para a Mardi virán os tres. 

Non está o teclista, Cristovo, que participou dos últimos anos da banda, porque el si que vive lonxe e non se puido incorporar. Pero tampouco hai que descartalo. Volvemos ao formato de power trio do principio. Tocaremos, sobre todo, os dous primeiros EP e o primeiro disco, e vamos tocar varias cancións que estamos facendo, porque a nosa intención é darlle continuidade a isto.

Non é un exercicio de nostalxia. 

Non, nós pasámolo moi ben e fixemos moitas cousas, pero tampouco foi para botar foguetes (ri). Aínda quedan cousas por contar, queremos volver con todas as consecuencias, con cancións novas e sacándoas adiante, porque, ao final, é do que se trata.

Nunca quixemos poñer un final definitivo, porque non deixamos de tocar porque sentísemos que a cousa estivese agotadaMartín Wu

E con esa mirada, márcansealgún obxectivo? 

Non, creo que vamos funcionar como sempre. Nunca tomamos esto como unha obriga, nin nos fixamos obxectivos. Nós facemos cancións, sacámolas, tocámolas en directo e facemos cancións, e sacámolas e tocámolas en directo (ri). O sistema é o mesmo, non temos obxectivos, máis alá de facer as nosas cancións, sempre cos nosos tempos.

Cando crearon The Homens, que referencias tiñan que cantaran tamén en galego, ademais das grandes como poderían ser Heredeiros? 

Eu era máis dos Diplomáticos, eh, que me parecen o mellor grupo que deu este país nunca (sorrí). As nosas referencias sempre foron as do rock anglosaxón dos 70, 80, 90... Daquela tamén había moitos grupos. En Galicia sempre houbo moitísimo talento e moitísima xente facendo cousas moi interesantes. O que destaco é o tema do idioma, agora hai moitos grupos que o petan incluso cantando en galego, de estilos superdiferentes. Paréceme unha das mellores cousas que lle pasou ao idioma e a este país en moitísimo tempo. É curioso que pase nun momento no que as cifras de falantes son un pouco espantosas.

0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara