Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Fransy | "As avoas e bisavoas ás que lle recollín ensináronme que na voz gárdase a memoria"

A cantante presentará a vindeira semana no Colón o seu primeiro proxecto en solitario, 'Manhe'

Fransy González, nunha imaxe promocional
Fransy González, nunha imaxe promocional
Cris Andina
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

A cantante arteixá Fransy González leva máis de tres décadas adicada en diversas facetas á música tradicional. Agora dá o paso para desenvolver o seu primeiro proxecto en solitario, ‘Manhe’, que disporá por primeira vez sobre as táboas do teatro Colón o vindeiro día 23 (19.30 horas) xunto a Pedro Lamas e a Orquestra de Cámara Galega.

Como xorde este primeiro proxecto en solitario? 

Despois de tantos anos adicada á música tradicional, quero dar o paso adiante, á fronte, xunto a Pedro Lamas, que fai os arranxos e é o director musical. Son unha namorada dos instrumentos de corda, miña filla ten agora 17 anos e é violinista. Quixemos facer unha primeira incursión neste eido da corda. Gravamos tres temas cunha formación a trío: saxo soprano, Pedro Lamas; violonchelo, Rosalía Vázquez; e o contrabaixo, Antonio Romero Cienfuegos. Como foi tan positiva a experiencia, quixemos soñar. Queriamos poñer a música tradicional no lugar que lle corresponde, prestixiala. A priori, sonaba moi grande, era un soño (ri), pero empezamos a explorar a viabilidade, a ver a onde podíamos seguir viaxando con este soño. Propuxémoslle a Rogelio Groba, da Orquestra de Cámara Galega. E puxémonos a traballar man a man. Haberá moita forza, a música en directo está viva.

E que dixo Groba cando lle plasmou esta colaboración? 

El resposta con moito entusiasmo e ilusión. E aí estamos, cos ensaios, todos traballando para esta presentación (sorrí). Estamos iniciando, a ver onde chegamos, é o primeiro paso.

Se tivera que explicarllo ao público, que lle diría que verá no teatro Colón? 

Aos trece anos empecei coas recollidas. Levo toda a miña vida na música tradicional, porque non fixen outra cousa, non fago outra cousa, coa pandeireta na man (ri). Todas as avoas e bisavoas ás que eu lle recollín, ensináronme que na voz gárdase a historia, entón eu agora quero devolverlles a voz, cantar para transmitir o que elas me agasallaron. Busco emoción, forza, amor... quero que sintan o mesmo que sentín eu aos trece anos, que a nosa música pode unir xeracións, encender memorias que criamos durmidas...

Falando de todo ese tempo, ve que agora é un mellor momento para desenvolver este tipo de proxectos? 

Hai mellor recepción ás propostas da nosa música? Non sei si é o mellor momento, para min é o meu momento (ri). Pasei por distintas etapas da vida e agora é o meu momento para dar este paso. Pasei por un momento personal que me levou a tomar decisións e o que agora quero facer, quero transmitir, quero propoñerlle ao público outra maneira de achegarse á música tradicional, sen perder a raíz e a esencia. Creo que xa se está a facer, hai moitas formacións, todas as formacións galegas que están tocando son un camiño para levar á mocidade a tradición e eu quero aportar tamén ao público outra maneira de achegarse.

Quero propoñerlle ao público outra maneira de achegarse á música tradicional, sen perder a raíz e a esenciaFransy González

Publicou eses primeiros temas en febreiro e o terceiro en xullo. Como está a ser o feedback? 

Moi bo. É máis, o día da actuación, para o 23, vou ter deses tres temas un vinilo pequeniño para ver esas cancións xa gravadas.

Dicía antes que o do vindeiro día 23 no teatro Colón será o primeiro paso, hai xa unha idea dos seguintes? 

Vai haber unha xira, con concertos. Pero, de momento estamos con esta presentación, para ver como o público o acolle, que espero que o acolla co mesmo amor que sinto eu pola nosa música e que guste. Pero a nosa intención é seguir facendo concertos e prestixiar a nosa música tradicional e levala polo mundo adiante.

0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara