Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

As colaboracións de Castelao en El Ideal Gallego, a pé de rúa

A Fundación Castelao leva a cabo unha exposición sobre a figura do rianxeiro na plaza de Lugo

Dúas personas miran o cubo que mostra as colaboracións en prensa de Castelao
Dúas personas miran o cubo que mostra as colaboracións en prensa de Castelao
Carlota Blanco
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara

A relación de Castelao e A Coruña foi capital. Na nosa cidade formou parte de multitude de grandes actos políticos e culturais, mesmo acudiu de excursión durante a súa etapa como estudiante, momento do que data a súa primeira fotografía na cidade, vestido de tuno.

Na Coruña levou a cabo o rianxeiro tamén boa parte das súas colaboracións coa prensa escrita da época. Entre elas, unha serie de caricaturas para El Ideal Gallego, principalmente no primeiro mes de vida do xornal, e que esporádicamente continuou até ben entrado o ano 1918.

Co gallo do Ano Castelao, A Coruña continúa homenaxeándoo, nesta ocasión cunha exposición da Fundación Castelao na plaza de Lugo.

Nela pódese afondar un pouco na vida do rianxeiro e nesa relación súa coa cidade herculina. Mais tamén se pode ver unha parte da súa colaboración coa prensa e, en concreto, un dos seus primeiros debuxos para El Ideal Gallego.

O cubo da exposición da plaza de Lugo no que se ve a súa colaboración en El Ideal Gallego
O cubo da exposición da plaza de Lugo no que se ve a súa colaboración en El Ideal Gallego
Archivo El Ideal Gallego

A historia das colaboracións

Cando José Toubes iniciou en abril de 1917 o proxecto dun novo xornal, contactou con varios debuxantes para que colaboraran co incipiente novo medio. Un deles era unha persoa coa que gardaba boa amizade: Castelao.

O propio rianxeiro ofreceuse a promocionar o xornal nas terras do Lérez e a súa primeira caricatura aparecería nos primeiros números do xornal, no 9, o 10 de abril de 1917.

Estas colaboracións finalizarían en 1918, porque consideraba que algunha das súas mensaxes fora alterada. Pero o que non se alterou foi a súa amizade con Toubes, como se podía ver nalgunhas cartas que enviou anos despois para alertar de problemas do tranvía na provincia de Pontevedra.

A exposición

A exposición, promovida pola Fundación Castelao en colaboración co Concello da Coruña, reflíctese a pegada de Castelao na cidade. A través de varios cubos, abórdanse varias das súas visitas ate o ano 1936.

O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, destacou na inauguración da exposición "a importancia de manter viva a memoria dunha figura clave para o galeguismo, que atopou na Coruña un espazo de acollida, difusión e compromiso co país".

0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara