Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

As entidades da Coruña abrazan o Ano Castelao con mesas redondas e actividades

O Circo de Artesáns e o Instituto Cornide comezan esta semana sendos ciclos adicados ao rianxeiro

A exposición do álbum 'Nos' do Circo de Artesáns abriu onte
A exposición do álbum 'Nos' do Circo de Artesáns abriu onte
German Barreiros
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

As entidades culturais e sociais da Coruña abrazan o Ano Castelao con novas actividades e xornadas arredor das diversas facetas creativas e de pensamento do rianxeiro.

O Circo de Artesáns é unha desas entidades e onte quedou inaugurada na súa sede a exposición do álbum ‘Nós’. É a primeira das propostas que terán lugar no espazo do número 36 da rúa San Andrés. Mañá, día 6, o presidente da Fundación Castelao impartirá a conferencia ‘De Castelao a Nós’ (19.30).

O 13 acudirá á institución Nancy Pérez, para a charla ‘É como si, de súpeto, me meteran un vran no corpo’. O día 20, haberá outra conferencia de Montse Fajardo e, unha semana máis tarde, acudirá ao Circo de Artesáns o presidente da RAG, Henrique Monteagudo, coa conferencia ‘Sempre en Galiza’. Os actos finalizarán o día 29, cunha ofrenda floral ás 12.30 horas nos xardíns de Méndez Núñez.

Instituto Cornide

O Instituto Cornide tamén afondará na efeméride, cunhas xornadas que darán comezo mañá na Casa Museo Casares Quiroga e que finalizarán o día 19.

Mañá, ás 18.30 horas, haberá un relatorio de Monteagudo e unha mesa redonda con Ana Romero, Lourenzo Fernández e Pilar García Negro arredor da construción da nación.

A segunda xornada será o vindeiro martes, 11 de novembro, cun relatorio de Emilio Grandío e a posterior mesa redonda con Miguel Cabo, Eliseo Fernández e Marilar Aleixandre, co tema ‘democracia e república’ enriba da mesa. O día seguinte, o tema virará cara o exilio e a memoria. O día 19 daranse por finalizadas as xornadas cunha mesa reonda sobre a modernidade e o cambio no primeiro terzo do século XX na figura de Castelao. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620