As zapatillas 'de andar por casa' dunha firma Premio Nacional
Sempre sorprende cos seus deseños e fai que a xente aplauda as súas novas creacións nas redes sociais

Máis de cen anos facendo zocos. Si, a familia de Elena Ferro leva desde 1915 sen parar de crear. Sempre sorprende cos seus deseños e fai que a xente aplauda as súas novas creacións nas redes sociais. Ademais, a súa forma de cuidar o contido e a imaxinación que lle pón en todas as publicacións, fai que a súa conta se convirta nunha obra de arte.
Sen esquecer o seu escaparate da tenda de A Coruña, situada en Riego de Agua, 4, que tamén é outra 'artistada'. Sempre con cores ben dispostos e unha amálgama de diseños, onde podes atopar, ademais de calzado, mochilas, pendentes e chaveiros, entre outros. Amais, a xoia da coroa está na porta: uns zocos extragrandes onde meter os teus pes e sacar unha foto para o recordo.
E se de encargos falamos, un dos últimos foi para Turvegal, coñecido nas redes por ir co seu 'sacho selfie' por terras galegas (e máis aló). Como ela mesma compartiu hai uns días na súa conta de Instagram, fixo uns zocos ben caseiros. Unhas zapatillas e moita maña artesá como a dela deron lugar a unha creación ben 'chusca', a cal se pode adquirir por encarga e ronda os 100 euros.
"Estes zocos/pantuflas van percorrer o país con @turvegal", rezaba a publicación. Un calzado que vai 'ver mundo', como xa o fixeron con anterioridade outras creacións de Eferro.
