Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Belen do Campo informa de que sete asociacións de polígonos industriais da Coruña recibirán máis de medio millón de euros

Son para mellorar a súa seguridade e competitividade

Reunión con presenza de Belén do Campo en Pocomaco
Reunión con presenza de Belén do Campo en Pocomaco
Javier Alborés
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Consellería de Economía e Industria, Isidoro Martínez, reuniuse esta mañá cos representantes da Comunidade de Propietarios de Pocomaco, beneficiario da orde de axudas dirixidas ás agrupacións de empresarios, entidades de conservación e comunidades de propietarios destas superficies que contou cun orzamento de 1 millón de euros.

Os investimentos subvencionables eran a mellora da seguridade e a competitividade dos polígonos, incluída a obtención de selos ou certificacións de calidade que acrediten que a área cumpre con determinadas características diferenciais e superiores á media en distintos ámbitos.

Neste senso, a representante do Goberno autonómico destacou que na provincia da Coruña reciben estas achegas sete representantes de parques empresariais da Coruña, Bergondo, Carballo, Santiago de Compostela, Ordes, Oroso e Boiro por importe que supera os 500.000 euros.

Concretamente, en relación ao parque empresarial de Pocomaco, inaugurado en 1977, conta con 380 compañías radicadas na actualidade o polígono, emprega, de maneira directa, a máis de 5.000 persoas e, indirectamente, a outras 2.000 e conta cunha extensión de 736. 000 metros cadrados de extensión, e unha ocupación do 100%, nun polígono no que entran e saen a diario máis de 26.000 vehículos.

Está área empresarial ten unha axuda aprobada de máis de 87.000 euros, da que poden solicitar un anticipo do 25%, que lle permitirá elaborar un Plan de Emerxencia, cun prazo para a súa elaboración dun ano, e a instalación de sistemas de seguridade e vixiancia dentro da área empresarial, Con esta  achega poderan reforzar e apoiar as accións de seguridade privada coa que xa contan, xa que son dos poucos parques empresariais que teñen seguridade privada, desde hai anos, os 365 días do ano durante 24 horas,

O obxectivo do Plan de Emerxencias é contar cunha ferramenta que permita reaccionar de maneira eficaz ante un incidente leve ou grave como inundacións, accidente ferroviario ou incendios  e tamén dotar ás autoridades (bombeiros, policía local e nacional, protección civil…) de información suficiente para poder xestionar con éxito calquera incidente. En canto aos  sistemas e equipamentos de seguridade búscase contar cunha seguridade máis eficaz e efectiva ademáis dun maior efecto disuasorio. O proxecto contempla a instalación de 11 postes con 24 cámaras e cartelería informativa.

Orde axudas novidosa

Belén do Campo lembrou, que esta orde é a primeira vez que se convoca. Os proxectos deberán desenvolverse entre os anos 2025 e 2026 e o financiamento da Xunta cubrirá o 80% do importe das accións subvencionables, ata un máximo de 120.000 euros e se poden conceder anticipos de ata o 25%.

A delegada explicou que este plan ten como obxectivo “mellorar a xestión, a funcionalidade e a imaxe dos parques empresariais”, contribuíndo a que as firmas que están asentadas neles “dispoñan dunhas condicións máis seguras, sustentables e competitivas”.

Tipos de actuacións

As actuacións en materia de seguridade poden consistir na implantación de sistemas contra incendios ou inundacións; dispositivos que permitan reducir os riscos de accidentes – excepto os relacionados directamente coa circulación viaria ; así como equipamentos de vixilancia ou de control de accesos; elaboración de plans de emerxencia ou desenvolvemento de actividades de formación e información de seguridade das áreas empresariais, entre outros.

En canto á mellora da competitividade, inclúe sistemas de uso común que melloren o desenvolvemento da actividade empresarial. No que respecta ás certificacións de calidade, deben ter recoñecemento a nivel nacional ou internacional e poden centrarse en distintos ámbitos (accesibilidade, avaliación das infraestruturas, xestión enerxética, servizos comúns ofrecidos, sustentabilidade ou conectividade, entre outros).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620