El Ideal Gallego Digital
  Viernes, 14 de Noviembre de 2008

Comeza a feira MOVE como unha rutura coa natureza de eventos nestes espazos

MARTA GARCÍA MÁRQUEZ > A CORUÑA
A obra “Arabesque” está composta dun ballet mecánico formado de extremidades corporais PEDRO PUIG
Como un entramado dixital, a feira MOVE comeza a rodar en ExpoCoruña entre obras de arte en tempo real, sesións de música electrónica durante hoxe e mañá e a representación dun total de seis espectáculos de danza xunto a dous obradoiros que levarán a impronta á mesma cidade.

Como un reactor estomacal, un potenciador de enerxía, un simple átomo ou un graffiteiro virtual, o espectador interactúa en MOVE coa arte que se crea a partir do dixital, a mesma que lle fai pasar por todos estes estadios nun percorrido de tubos contenedores e nun espazo, o de ExpoCoruña, plantexado como un engarzamento de proxectos que o levan dunha arteria repleta de altofalantes a un grupo mecánico de hipotéticos bailaríns xogando cos termos “caótico” e “harmónico”. Tan sinxelo e á vez tan complicado.

A mostra componse de pezas como a de Daniel González Mellado, que representa a dúas poboacións enfrontadas onde os individuos parecen larvas que circulan libremente por unha pantalla, para espetarlle ao curioso, en cuestión de sete minutos, as primeiras páxinas das cabeceiras máis importantes do mundo ou amosarlle un estómago que responde aos estímulos con distintos sons.

A feira permite que a materia morta interveña na realidade e así é que unha brocha cibernética é capaz de insertar fluxos de texto e unha ferramenta actúa a modo de “spray” pero sen contacto coa parede, construindo graffitis a tempo real. O teniente de alcalde, Henrique Tello, falaba de MOVE na presentación como un antes e un despois polo carácter rompedor que presenta o espazo cando ExpoCoruña aínda se atopa na súa etapa preinfantil. O representante do Concello colocaba a actividade como un referente dende o punto de vista da modernidade: “O Recinto Ferial é un dos grandes pulmóns de actividade económica, artística e turística da cidade, o que máis potencial ten e o máis importante pola polivalencia”.

Pola súa banda, o delegado da Consellería de Industria e Comercio, José Luis Barcia, comentaba que a feira de artes dixitais converterá a Galicia “na capital internacional da cultura dixital, aúnando vangarda e innovación”, nun espazo que se move entre a realidade e a ficción con propostas dirixidas a todos os públicos, constituindo “o alicerce dun circuito comercial”.

Programa > O programa adereza artes dixitais coas demáis manifestacións contemporáneas, de aí que na xornada de hoxe teña unha especial importancia a música electrónica coa actuación, a partir das 21.30 horas, de Innerzone Orchestra, Kruder&Dorfmeister, LTJ, Bukem&Mr Conrad, Silent Djazz e Fat Fish. Ademáis, seguirán os obradoiros sobre produción de música electrónica con Ableton Live e o de arte dixital titulado “O Ollo Atómico de Hércules”. MOVE será mañá unha mesa redonda, ás 13.00 horas, sobre música dixital e unha nova sesión, á mesma hora, con Ellen Allien, Dj Hell, Metro Area, Grobas e Hardfloor. O apartado musical estará compaxinado coa escena e a representación das obras “30.000”, de Pisando Ovos; “Pájaros”, de Cranamour, e “CsO”, de Javier Martín.

O domingo, día da clasura, haberá máis danza coas compañías La Sonámbula, Quarks e CobosMika.








copyright EDITORIAL LA CAPITAL S.L.
Polígono de Pocomaco parcela C-12 Tlf. 981 17 30 40
A CORUÑA (España)