REGALOS

Nunha conversa compostelana, un vello amigo, coñecido e  recoñecido catedrático de Dereito, preguntábame a opinión que me merecía o chamado fenómeno Podemos.
Deilla e, acto seguido, deume a súa. Para el, Podemos montouno un moi reducido grupo de persoas que, oportunistamente, souberon tirar partido do movemento do 15-M e que a partir do inicio da súa andadura contaron cun grande apoio mediático que, parece obvio, non ten carácter altruísta.
Os poderes, os que poden, entenderon que Podemos podería ser moi útil para o esnaquizamento da esquerda española, concretamente da que se aglutina en Izquierda Unida. Pensaron que eles se poderían encargar de diluír esa pedra para a continuación desfacelos xa directamente a eles, sen dúbida, moito máis doado.
Paréceme que o acontecido en Andalucía pode ser un exemplo práctico diso que pensaba meu amigo meses antes. Podemos non chegou, nin de lonxe, ós resultados que  albiscaban os seus líderes e devotos. Mesmo os menos triunfalistas. Nun mes, a continuación da historia.

REGALOS

Te puede interesar