O voto do medo

Asuba do YES nas sondaxes de primeiros deste mes espertou unha campaña unionista que adurmiñaba. O tripartito a prol do non (conservadores, liberal-demócratas e laboristas) botou mán de toda a súa axenda. Primeiro foi o gobernador do Banco de Inglaterra quen dixo que de gañar o si os escoceses non poderán partillar a libra esterlina. Despois, o Royal Bank of Scotland e o Bank of Scotland ameazaron con deixar cadansúas sedes escocesa e transladalas a Londres no caso dunha maioría de votos afirmativos.
Logo foi un voceiro da aseguradora Aviva quen dixo que un “sí” poría en risco infraestruturas chave. A propria raíña Elizabeth, nun aceno no que non poucos escoceses teñen visto unha substancial creba da súa neutralidade, pediulle á cidadanía caledonía que votase con xeito (carefully, foi a verba usada pola xefa do Estado). Teñamos en conta que unha parte substancial da campaña do YES SCOTLAND baséase na continuidade relativa que representaría seguer a partillar a libra cos demáis británicos e que a raíña continuase a ser a xefa do Estado escocés, como é do Canadá, Nova Celandia ou Australia.
Están  por ver as resultas desta campaña do medo. Mais a propria opinión publicada londinense é escéptica a respecto destas pauliñas. Velaí o xornalista económico Nick Goodway (“London Evening Standard”) que escrebe : “Non se pode desbotar certa volatilidade a curto prazo, mais a medio prazo Escocia non preocupa aos investidores do Reino Unido. Sexa cal fór o resultado do referéndum non vai pasar nada”.

O voto do medo

Te puede interesar