A vitoria do nacionalismo escocés

Para entendérmonos ben os resultados electorais na Escocia, compre entender o seu sistema electoral. O Parlamento escocés conta con 129 escanos (“seats”), dos que 73 (“constituency seats”) elíxense a medio dun sistema maioritario (gaña o escano o que gaña por maioría simple) e 56 a medio dun sistema proporcional. a razón de 7 por cada unha das 8 rexións electorais nas que se divide o país. É un sistema pensado para que non haxa maiorías absolutas. E malia isto, no 2011 os nacionalistas do SNP acadaron ésta (69/129 deputados). Agora ficaron dous escanos por baixo dela (63/129), malia que aumentaron os seus votos na elección maioritaria dos 73 distritos uninominais (46,5% agora fronte ao 45,4% no 2011). Os verdes, que tamén votaron a prol da independencia no plebiscito de 2014, acadaron 6 escanos, con máis do 6% do voto ás listaxes rexionais. Xa que logo, sentarán na sede de Holyrood 69 deputados a prol da independencia fronte aos 60 unionistas. Un grande éxito para a first minister Nicola Stugeon, quen repetirá mandato gobernamental.
No unionismo produciuse unha reasignación de voto a prol dos conservadores, que obtiveron 31 escanos (tiñan 15), fronte á derrota laborista (gañan 24, perdendo 13 escanos). Os conservadores gañaron todos os distritos uninominais dos borders lindanets con Inglaterra e o centro de Edinburgh e os laboristas perderon votos fronte aos nacionalistas, os verdes e os tories. Pola súa banda, os lib dem mantiveron os seus votos e escanos, malia que perderan a cuarta praza fronte aos verdes. 
Os tories perderan votos a moreas das resultas da política desindustrializadora desenvolvida por Margaret Thatcher, que xerou moita dor e pobreza interxeracional en moitas comarcas. A súa recuperación, da mán de Ruth Davidson ten máis a ver coa clave nacional ou territorial. Os novos votantes dos tories son antigos labour ou lib dem que buscan un referente unionista. Sinal inequívoco da forteza do independentismo na Escocia. A cidadanía escocesa vaise aliñando en clave nacional, alicerzándose o independentismo no centro-esquerda e o unionismo na dereita.

A vitoria do nacionalismo escocés

Te puede interesar