Andres do Barro logra a “unanimidade”

No medio das turbulencias ás que asistimos no fragmentado panorama político español onde o vocábulo unanimidade é unha quimera, unha petición, a da Medalla de Galicia, a título póstumo, para Andrés do Barro, que desde hai tres anos vén solicitando unha plataforma creada para tal fin, está a lograr que sete concellos galegos, de distinta cor, política únanse para solicitala formalmente á Xunta de Galicia. Increible, pero certo, tal como recolle unha misiva que acabo de recibir do presidente da Asociación Cultural Virxe da Guía de Tui, José Elías Rebollar Veiga, que está a desenvolver un inxente labor na procura desa concesión
Estimado Nonito Revuelta: Desde a comision de Festas Virxe da Guia (A Guarda) me dirixo a ti como home loitador e amigo de Andrés do Barro que forma parte do noso patrimonio cultural galego para informarte de como vai hasta a fecha a “nosa loita pacífica” para que a Xunta de Galicia faga realidade o noso xusto obxetivo Medalla de Galicia a Andrés do Barro.
Presentamos mocións de apoyo a nosa loita por rexistro nos concellos de A Guarda, Santa María de Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, O Porriño e Mos. Fomos atendidos con todo cariño y respeto por alcaldes, tenentes de alcalde e outros políticos na oposición que nos felicitaron y animaron a seguir na loita pacífica e se brindaron incluso a falar con outros alcaldes e oposición municipal de distinta cor política para que esto saia adiante. Estou tan contento e animado que na próxima semana sacarei tempo de donde sexa necesario e o presentarei en Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas, Ponteareas, Mondariz, na Serra de Outes y en Noia. 
Non vai quedar Concello en Galicia donde non o presente ainda que teña que ir nun carro de bois. Ata agora en todos os plenos que se celebraron foi aprobado por unanimidade e ata é increíble o caso de Tui onde hai oito partidos políticos no pleno. Foi aprobado en A Guarda, Santa María de Oia , O Rosal e Tui ata agora por unanimidade. 
Esta semana seguro que nos aprobarán Tomiño, O Porriño e Mos cando se celebren os seus plenos. É un caso insólito nestes tempos nos que os políticos andan á gresca todo o día que se poñan dacordo para votar a nosa proposta. Algo debe ter para que todos estén dacordo. Meu querido amigo, sen máis que decirche de momento... A seguir traballando!