GALICIA NAI E SEÑORA

Seguindo co relatorio, está tamén a gastronomía. Os mariscos, os percebes do Roncudo, as vieiras, as ameixas, os mexillóns os santiaguiños, o polbo de Mugardos, o lacón con grelos, o queixo de Curtis, o cocido de Lalín, os chocos de Redondela, as luras de Fisterra, o carneiro ao espeto de Moaña, os capós de Vilalba, a androlla de Ourense, arroz con chícharos, patacas novas, repolos de Betanzos e máis cebolas, os melindres de Pontedeume, a bola de Guitiriz, as filloas e as orellas do Entroido, a torta de améndoa de Santiago, e as manteigadas da miña avoa doña Lola... Os viños e as augardentes, do Ribeiro, do Rosal, de Chantada, de Betanzos, Albariños, Barrantes, Godello, Terras Gaudas... 
E as festas, as feiras e as romarías: San Xoán, os Caneiros, o Naseiro, O San Froilán... A feira dos Santos, a feira de Parga, Betanzos de los Caballeros, a Rapa das Bestas, as San Lucas, o folión de carros de Chantada...  Vivir na Coruña ¡que bonito é! Galicia é festa rachada todo o ano. Os cantares e os cantores. A Negra sombra que sempre me asombra, os pinos das costas verdescentes, a muiñeira de Chantada, o Tren de Andrés Dobarro, Fuxan os Ventos, Juan Pardo, Amancio Prada, Luz Casal, Luar na Lubre, Toxos e Flores... Galicia enteira é unha canción.
Bruxas, meigas e trasnos: A estadea, a Santa Compaña, o luscofusco, as ánimas, os mouchos e as curuxas, o lume, sapos e cóbregas, as queimadas, os conxuros, a saudade, os mortos e os vivos na procesión das mortallas da Pobra do Caramiñal, os tangaraños da virxe do Corpiño,... 
Catedrais, mosteiros, santuarios e cruceiros: Santiago de Galicia, Lugo, Ourense, Pontevedra, Mondoñedo. A Ribeira Sacra, Samos, Caaveiro, Oseira, Armenteira, Monfero, San Martiño de Xuvia, a virxe da Barca, a virxe de Cristal. San Andrés de Teixido, onde irás de morto si non vas de vivo, Sobrado dos Monxes... O cruceiro da Loba, o cruceiro de Covelo, o cruceiro de Melide, o cruceiro dos Vilares de Parga..., máis de cen mil cruceiros catalogados en Galicia.

GALICIA NAI E SEÑORA

Te puede interesar