• Sábado, 25 de Noviembre de 2017

o número 781,40€ é unha cifra nada simbólica: non é capicúa

o número 781,40€ é unha cifra nada simbólica: non é capicúa, non leva números bonitos e non ten catro cifras diante da coma. Pero 781,40€ é a cifra que deu e da ilusión a moita xente a principios de mes, a moitas familias que agardan esa cifra para pagar recibos atrasados, coa conseguinte penalización de 30€, nunca entenderei como se pretende que alguén que non pode pagar pague unha penalización, en moitos casos sendo máis do 50% de incremento.
Esta é a cantidade que reflicte a capacidade de resistencia de moitas familias galegas. É o valor da pensión media en Galicia. Este foi o motorciño auxiliar da nosa economía na crise, e segue sendo hoxe. Cantos pensionistas galegos axudan ós seus cércanos sacando desta cantidade?, moitos. 781,40€ é parte da loita contra á perda da total da dignidade, nada de milagres económicos dos gobernos de quenda.
Nin idea do newdeal que nos queren vender.
Non entendades mal, non defendo esta cifra, ó contrario é unha vergoña que tería que facer baixar a testa a máis dun político que xa fala de vacas gordiñas. Sitúa a realidade de Galicia no estado e en Europa. 781,40€ pon a Galicia segunda pola cola, grazas Feijoo. Por exemplo os vascos perciben 1.147,85€ e os veciños de Asturias 1.089,97€. Que envexa, estes avós, poden incluso mercar algún xoguete ós netos.
Sabendo como sabemos á necesidade destas pensións para o día a día das familias, alguén pensa que con 781,40€ pódese activar o consumo e a economía? Menos vacas gordiñas polo de agora por favor. Mención especial ten esa clase de traballadores/empresa que son os autónomos, logo dunha vida de traballo seguido, de riscos e de moito sufrir cobran de media 712,42€ en Galicia, moito non é.
Coido que como traballadores temos reflexionar porque son, precisamente os vascos, os que teñen unha media máis digna. Eu teño claro que é porque teñen a capacidade de xestionar o seu. E os madrileños son os segundos, vivindo nun deserto e sen mar, porque teñen a capacidade de xestionar o noso. Que parvos somos.
Cando o señor conselleiro fale de vacas gordiñas, mirade a libreta do banco dos avós, é a mellor foto desas vacas.