DE VERANEO

Pasamos o ano agardando que o praia forme parte das nosas rutinas. Pedindo que  o calor sexa unha constante, pero que nunca evolucione a vaga de calor. Desexamos que os temas banais e sinxelos substitúan á crise grega, á crise española, ás cousas de Mariano e a todos os anuncios de novos casos de corrupción, veñan de calquera  das banda do espectro electoral español. Que a melodía pegadiza da canción do verán, poña a nota divertida nun estado de ánimo preconfigurado  para o relax e a calma.
O verán é como unha segunda oportunidade na lista de desexos de inicio de ano. Ler máis, facer deporte, practicar inglés, ordenar os libros e colocar as fotos no álbum, viaxar... despois a realidade do balance, revela máis perdas que ingresos, o peso das intencións e moito maior que o traballo realizado.
Aínda así, non podemos esquecer que o proxecto da Unión Europea e a Unión Monetaria estiveron en serio risco. Que a sombra dos voitres sobrevoaba, ameazadoramente, as reunións desesperadas de Angela Merkel e Alexis Tsipras, mentres de fondo soaba, coma ocorre nos grandes westerns, a música de Enro Morricone. 
A realidade non sempre coincide coas nosas intencións. Practicamente nunca. O certo é que mentres camiñas pola praia e intentas manter un trote (semi)ridículo, de evidente afeccionado con anos de ausencia na práctica deportiva, todo semella quedar moi lonxe, aínda máis canto máis azul está o mar e máis esvaecida a liña do horizonte.
Recuperar recendos de bronceador  de coco, as palas e o balón de Nivea, o sorriso ante os sacapeitos e metebarrigas... estumballarse coa toalla na area, bañarse nas ondas da Lanzada, mentres resoan os berros de ¡barquillos! ¡ao rico parisien! Iso si que non ten prezo.

DE VERANEO

Te puede interesar