DOS VENTOS ELECTORAIS

Sopran airexas que anuncian novas eleccións. Ventos que animan as rúas con presenzas que, fai  meses, serían imposibles. Rajoy figura xa nos selfis de medio país. E nas fotos de turistas, camiñantes e deportistas. As brisas electorais, ás veces, deixan brumas que agochan outras motivacións, máis persoais e partidistas, alonxadas do pretendido interese xeral. 
Por iso Rajoy aplica o vello recurso do medo. Aquilo de que o PSOE pactará con Podemos. Un recurso que aplicaron dende antigo para amedrentar e confundir. Lembran que empezaron co aqueloutro de que se gañaba a esquerda  quitaríanche as vacas?  E non só non foi así, senon que foi a dereita e as súas políticas neoliberais, as que case nos deixan espidos, con salarios precarios, menos dereitos e pagando máis impostos. Hai quen xa define esta Lexislatura, como a lexislatura das tres mentiras. 
Empezou co mantra aquel de que resolverían o paro en cuestión de días, que non subirían impostos e que nunca tocarían á Educación e á Sanidade. Hoxe, sabemos que os Servizos Públicos son menos servizos e menos públicos e que o paro segue moi elevado, cunha importante estacionalidade e con contratos precarios. Por iso o PP bota man do de sempre: o medo e o populismo. Agardan que esta nova posta en escena, a poucos meses das eleccións, acabe por facer esquecer que os únicos logros acadados viñeron das medidas que a Unión Europea puxo en marcha; especialmente a da compra da débeda dos Estados, xunto coa proverbial caída dos prezos do petróleo.

DOS VENTOS ELECTORAIS

Te puede interesar