As varas de medir

Que a sombra do ciprés é alongada, sabiámolo xa dende tempos pretéritos. Ao igual que aquilo da calidade da sombra en función da calidade da árbore. Pois si ata nas sombras hai diferenzas, imaxínense no tocante a beneficios e beneficiados. Non lles conto nada novo, se lles digo que o manexo axeitado da información provoca  reaccións explosivas na cidadanía, ou desinterese, segundo as variables manexadas de oportunidade e frecuencia. A Xunta do austero Feijóo, gasta un millón de euros en adquirir, vía renting, 58 automóbiles, mentres ten paralizado un parque móbil importante. Aquel mesmo que utilizara para acusar de despilfarro ao Goberno de Touriño. Lembremos que xa na pasada lexislatura, adquirira berlinas Citroën nun tan importante como innecesario gasto despois de tanto anuncio de (falsa) austeridade.
Unha nova sombra asoma, manchando esa realidade niquelada da que fai gala a Xunta. É o problema de abrir os comedores escolares para os nen@s que están a sufrir con dureza a crise. A chegada do verán rompe o fráxil equilibrio que estes espazos lles garantían. Comentan que sería como poñer negro sobre branco a existencia da pobreza. Pero non se presenta alternativa algunha. Non desaparecen as malas realidades agachándoas baixo as alfombras. O cruel é que existan.
Xunto aos anuncios de bonanza económica llegan as baixadas de impostos. Reducirán os tramos do IRPF, pero beneficiando sobre todo ás rendas altas, ás do tipo máximo. Novamente, menos é máis, pero para os mesmos. Como sempre pasou. Xa se dixera: aquí todos somos iguais, pero algúns máis iguais ca outros.

As varas de medir

Te puede interesar