DOS TEMPOS ESCUROS

Cada día que pasa, asistimos abraiados á cerimonia da confusión na que se está a converter a realidade. A capacidade para soportar tanto lixo leva saturada non sei cantas operacións policiais e xudiciais. As palabras deixaron de ter contundencia para denunciar tanto escándalo. E no xogo de quen é quen empezamos a confundir operacións, territorios, partidos, sindicatos e cargos.  
A camuflaxe foi unha arma eficaz ata que a moitos lobos se lles enganchou a pel de cordeiro nas afiadas liñas de investigación dalgunha das tramas de aproveitados e quedaron coas vergonzas ao ár. Os ERE de Andalucía levan ao Supremo a abrirlle causa a Griñán e Chaves. Rajoy volve a demostrar que descoñece o valor da política como vía para resolver os conflitos e buscar acordos. Insiste en que a culpa sempre é do outro por non querer oír. A orixinal Esperanza Aguirre pon en marcha o seu “consultorio ao candidato” ou casting anticorruptos, un remedo do consultorio Elena Francis rancio. ¡Como se unha ocorrencia das súas, fora a eliminar tantas meteduras de zoca! Feijóo a operación “Zeta” e “o conseguidor” Pachi Lucas, andan a marear a perdiz, cantando o nin ti, nin ti, nin eu. Un dirixente da SGAE gasta 40.000 euros en prostíbulos. El di que ía alí pola música.
Uns din que Deus proveerá e outros que non hai mal que cen anos dure. Xa veremos.

DOS TEMPOS ESCUROS

Te puede interesar