Tempo de verán

Basta co que o calendario marque a data para que case automaticamente unha nova mentalidade asome ao común dos mortais. Semella que todo pesara menos. Que nada afectase tanto. Unha sorte de ingravidez e unha relativización do que sucede. É como nas programacións insulsas das televisións, todo ten auga, humor, viaxes, desconexións e a menor roupa posible. Xa poden desaparecer os partidos xudiciais, grazas á neocentralización Gallardoniana, que pasará case desapercibido.
Ou a privatización dos rexistros civís, que moitos xa anunciamos e denunciamos, pero chegou como chega o outono e tras el os invernos. Se aos veráns se lles engade mundiais de fútbol, podemos tragar con carros e carretas, que ata que chegue o frío non chegarán a reflexión e as preguntas, para as cales xa non servirán as respostas. Rajoy e o seu Goberno, coma sempre, fincando os pés na maioría absolutísima, aproban un decreto para o impulso da economía (din eles) sin debate nin enmendas, que supón a modificación, de golpe, de 27 leis. Un ordeno e mando sen apoio de ningún grupo político, pero que evidencia o mesianismo atávico de Rajoy. Acaba o curso político e Rubalcaba xa é historia do PSOE e do parlamentarismo español.
Os mesmos que o botaban de máis, agora bótano de menos. A pugna pola secretaría xeral non foi nin tan limpa nin tan amigable como se vendía. Como corresponde ás loitas de veteranos gladiadores, pero hai quen ten estilo e quen carece del. O importante é o empeño en conectar coa sociedade. Empeza un novo tempo que deberá encherse de contidos diferentes. Unha nova sociedade esixe novas fórmulas. Debemos construír un novo Estado social. Con todos e para todos.

Tempo de verán

Te puede interesar