DE RAJOY E OUTROS ERROS

Rajoy volveu quedar en cuestión. Descoñece que a nosa débeda é de un billón douscentos mil millóns de euros. Concretamente o 98% do noso Produto Interior Bruto. 
Quixo que o cidadán quedara escandalizado con 900.000 millóns... E resulta que a realidade sempre supera a ficción. Mariano Rajoy, como mal tenista, comete moitos erros non forzados. Non precisa contrincante que o presione, xa pisa el todos os charcos voluntariamente. 
Ten o doutoramento en meterse en camisa de once varas, e en largar pola borda, sen comprobar antes de onde sopra o vento. E claro, venlle todo enriba e non sae demasiado ben parado. E todo para explicarlle á xente o do labirinto grego. Uns puxeron aos gregos como palanquíns de luxo. Outros, recorreron á imaxe dos que non pagan a Comunidade pero  reclaman melloras. Moitos, pediron dignidade e berraron contra un brutal austericidio. Grecia é hoxe un país que dignamente reclama solucións ao problema dunha débeda astronómica, impagable segundo o Fondo Monetario Internacional e o sentido común, herdada de demasiados paises dende moito tempo atrás. Pero precisa acordar para saír do labirinto. Semella abocado a modificar as liñas vermellas: Fiscalidade, pensións, xubilación e peso do Estado. Europa debe entender que Grecia é importante para a Unión. Grecia tamén sabe que, fóra do euro, sempre fará máis frío. E mentras, o Senado de España, volve a estar na picota. Sen un papel rotundo que xogar e sen definición clara como órgano das problemáticas autonómicas, leva rumbo fixado cara a unha desaparición anunciada. Urxe  redefinir  as súas competencias, e reducir drasticamente o  número de membros, ou levalo ao museo de cera das  Institucións.  Hoxe en día, non é máis que un cálido refuxio transitorio daqueles que foron algo, antes de transformarse en absolutamente nada.

DE RAJOY E OUTROS ERROS

Te puede interesar