Je suis Charlie

Unha vez máis, a sen razón terrorista sementou morte e a dor nas rúas de París. Unha vez máis, a diferenza estivo por riba dos dereitos fundamentais. Unha vez máis, e van xa demasiadas, a vida tivo menos valor que unha idea, unha opinión ou unha mala entendida fe que, necesariamente, prohibe o asasinato, o abuso e a imposición de credos por riba do respecto aos demais.
París volve a ser, desgraciadamente, o espazo global no que todos podemos sentir a barbarie. Tantos séculos despois das loitas revolucionarias, do asentamento dos dereitos fundamentais que son a base da convivencia e a cidadanía, a pantasma da intolerancia volve a espallar o medo, a intolerancia e o desprezo ao diferente como arma ideolóxica. Todos os países do mundo son hoxe París. E sufrimos, coma eles e con eles, a inútil inxustiza do fanatismo, que pretenden combater os lápices das tiras satíricas da prensa cos disparos e as navallas dos que non teñen máis argumentos que o asasinato como método de debate e unha bandeira mal entendida para amparar actos inxustificables.
Son tempos escuros, onde queda en evidencia o acerto de plantexamentos que, no seu momento, non foron suficientemente valorados, como aquel Diálogo de Civilizacións, punto de partida para o encontro e o entendemento. Nestes días, o expPresidente Zapatero foi nomeado doctor honoris causa pola Universidade de Toulouse pola súa tarefa en estender os dereitos civís e sociais, así como polo proceso de paz que logrou a fin do terrorismo de ETA. Hoxe toca curar as feridas, acompañar e denunciar a barbarie e a inutilidade do terrorismo. Mañá, será espazo para acordar e construir. Hoxe, dende a dor: Je Suis Charlie.

Je suis Charlie

Te puede interesar