Dos eternos dilemas

Vai caendo o verán. Os preparativos para iniciar o curso, son evidentes en reclamos e publicidades de todo tipo. A vida continúa co novo ciclo estacional. E tan só as dificultades para negociar a creación dun novo goberno, continúan na mesma casilla de saída. Sánchez, aposta por formar unha nova maioría con Podemos e Cidadáns.
E de paso, acusa a ambos de vetarse mutuamente, para impedir que ese novo tempo, empece dunha vez. Mentres, Europa está lanzando mensaxes, cada vez menos velados e con maior contundencia, sobre a necesidade e a urxencia de tomar decisións que desbloqueen definitivamente o problema. Algo así como o Shakesperiano Ser o Non Ser, este é o dilema... pero trasladado ás nosas estruturas de goberno. Que como saben vostedes, teñen as súas cousas. Novamente, intentan eludir o control parlamentario no escandaloso tema do Ministro Soria, levando a comparecencia de De Guindos, a unha Comisión e ademais, dentro doutros temas, para rebaixarlle o nivel de impacto político e mediático. Empezaron as campañas electorais en Galicia e Euskadi. Pero hai como unha resignación melancólica no ambiente. Un fastío cidadán que vai facer moi difícil a mobilización e instalar o clima da paixón electoral. E nas rúas non se comenta este feito. Pasan directamente desapercibidas. A sombra do que sucede en Madrid é alongada, e impide medrar a herba da confianza nas eleccións autonómicas. Onte, Galicia copou as portadas dos noticieiros por impactos tráxicos. Un accidente ferroviario, e que recorda indefectiblemente, ao sucedido en Angrois. Os incendios pavorosos, repetidos e incesantes de Entrimo en Ourense... Hoxe Rajoy anuncia que ven a Galicia a volcarse na campaña. Contan que a Núñez Feijoo entráronlle suores fríos.

Dos eternos dilemas

Te puede interesar