De especies e especímenes

Hai políticos que avergoñan aos seus representados. Estou certo de que Janusz Korwin-Mikke, o europarlamentario polaco que dixo as barbaridades que dixo, concita neste días críticas unánimes, pero tamén evidencian, de novo, que hai persoas que nas estruturas, ascenden ata chegar a acadar o seu nivel de total incompetencia. 
Foi penoso escoitalo defendendo, dun xeito absolutamente  inxustificable, unha  inferioridade da muller que tan só existe na súa estraña e reaccionaria mente. Conclúe este fenómeno, que polo tanto, está plenamente xustificado que poidan cobrar menos que os homes. Debemos ser conscientes, antes de calquera outra consideración, de que este home, racista, polémico e sexista, non está na Eurocámara por xeración espontánea, se non polos votos de cidadáns que no libre exercicio do seu dereito, colocaron en postos de responsabilidade ( quero pensar que seguramente sen coñecelo demasiado) a este persoeiro tan superficial, básico e nostálxico duns tempos superados. As Institucións europeas, non poden deixar pasar esta circunstancia sen aplicarlle unha sanción contundente, por atacar o cerne básico dunha loita secular pola Igualdade de moitas xeracións de mulleres, que sufriron vergoñentas discriminacións e vexacións durante moito tempo. Todo isto, ten moito que ver co agravio continuado que, dramaticamente, comprobamos e rexistramos cada día con mortes violentas froito de odios, ciumes e sentimentos de superioridade dalgúns que confunden as relacións coa posesión. Dende o ano 2004, máis de 500 nen@s quedaron orfos pola violencia exercida sobre as súas nais. Xustificar a desigualdade, a brecha salarial e a  aplicación de índices de valoración diferentes, por ser home ou muller, consagra unha indefensión que, afortunadamente a Lei superou fai tempo, a pesar dalgúns especímenes nostálxicos con mentalidade de museo dos horrores.
 

De especies e especímenes

Te puede interesar