O efecto dominó

Ás veces, tocar calquera tecla conduce a unha hecatombe de niveis astrais. Recolocar unha peza, implica de súpeto a modificación substancial da realidade convencional que coñecíamos. Jordi Pujol, o exhonorable, acolleuse á Amnistía Fiscal, e activou os mecanismos ocultos que o levaron, dende a altura do seu posto na Historia, ata poñelo no ínfimo chanzo da  corrupción e o branqueo. No seu movemento, caeu dos pedestais; deixou de ser cidadán ilustre e referente social. O seu desprazamento,facilitou que fora quedando sitio para que os seus fillos, quedaran coas súas vergonzas ao descuberto. Dende o menor  ao maior, todo son tapadeiras, empresas interpostas, que van caendo a medida que se desmonta a anterior.  Cando semella ter finalizado, como nunha boneca rusa, aínda gardan máis sorpresas no interior. E  ten o atrevemento de abroncar á sociedade por pedirlle explicacións.
Rato deixa o PP. Blesa, non deixa os seus aires de superioridade e grandeza. Non recoñece erros, e insiste en que as tarxetas black, formaban parte das súas retribucións como amo do universo. O medo no PP campa libre e cada vez máis rápido. E toca todos os puntos cardinais da estrutura nacional e a cargos de todo tipo e condición. Tras Rato e Acebes, agora  Cospedal semella estar cercada. As súas nunca ben explicadas anotacións na contabilidade de Bárcenas, e do caso Sacyr, ameazan con situala aos pés dos cabalos. E fóra das áreas de responsabilidade. O seu inevitable desprazamento, podería deixar en evidencia outras persoa... e sempre se dixo que a mellor defensa era un bo ataque. O círculo de protección de Rajoy empeza a romperse.  E Bárcenas, dos sobresoldos, dixo o que dixo ¡e sobre moitos! Un frío polar recorre Génova13.

O efecto dominó

Te puede interesar