DE DRAMÁTICAS ALARMAS

Os estudos, realizados  polas mais prestixiosas entidades de análises económicos, confirman, cada vez con mais rotundidade, a existencia da figura do traballador pobre. Persoas que ocupan plenamente a súa xornada laboral, de oito e mais horas, pero que non reciben un salario que sexa suficiente, para facer fronte ás súas necesidades e as da súa familia. É algo inusitado e que, a tenor do que as autoridades económicas europeas anuncian, non irá a mellor se non todo o contrario. 
As crises, sempre foron coartada para seguir facendo o mesmo, pero reducindo custes de produción. Sempre permitiron, baixo o lema de mellor pouco que nada, que os mesmos de sempre sufriran, o custe groso dos procesos de axuste. É urxente que a UE, aborde e resolva esta situación dramática; que  redefina os marcos sociais de garantías duns mínimos dignos que, baixo ningún concepto,  poderían ser vulnerados.  No 29 de Decembro de 2004, o BOE recollía a publicación da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra Violencia de Xénero. A primeira gran Lei do Goberno Zapatero. Tristemente, unha década despois, o drama continúa. Unha Lei por si mesma, non resolve un problema, pero sinala e  focaliza un mal que existe na nosa convivencia. Na  Exposición de Motivos, sinalaba que non é un problema que afecte ao ámbito privado, ao contrario, é o símbolo máis brutal de desigualdade existente na nosa sociedade. Nestes días, asasinatos salvaxes conmoven aos  pobos. Violencias inexplicables evidencian que fan falla todas as mans para atallar este mal. A Educación para a Cidadanía, mal eliminada polo Goberno Rajoy, contemplaba unha transversalidade básica e fundamental, para construír convivencia. Sementar Tolerancia,  Respecto e  Igualdade, ten que ser asunto de cidadáns, non de ideoloxías.

DE DRAMÁTICAS ALARMAS

Te puede interesar