Dos déficits de razón

Non sei se existe algunha enfermidade que poida definirse como déficit de razón. Pero dende logo, haina. O que explicaría o divorcio entre o que á sociedade lle importa, e o que os medios nos ofertan.
Non podería explicarse a selección de prioridades, e a cantidade de espazos outorgados a algúns temas, e notablemente reducidos a outros, singularmente de maior importancia e transcendencia. Xa cheira o tema Puigdemont.
Que se lle siga a dar espazo, e importancia a un personaxe, fuxido para non estar no cárcere, como el mesmo confesa, mentres outros membros do seu goberno, de inferior rango seguen presos, desacredita e inhabilita a este individuo para a acción política.
Xa  pode prometer futuro e pontes sen río, ou responsabilidade de goberno, pero é evidente que gañou a pulso a condición de inconsistente. Mentres, incriblemente, os temas de corrupción no PP, cada vez con novos datos e imputados, ampliando a nómina de escándalos que salpican xa a Aguirre e compañía, ocupan lugares escasos, escuros e secundarios . Incomprensiblemente, os debates pola mala praxis do goberno de Rajoy, de meter man na caixa das pensións, non existen, pero afían cada vez máis  esa espada de Damocles  que insiste, na velada ameaza, de recortar pensións.
Tamén é inexplicable, o tratamento maniqueo que, dende algunhas tribunas, se lle da aos temas das violación múltiples da Manada e dos tres futbolistas. Esa visión indecente de ter que explicar máis a vida da vítima que a inxustificable actuación dos verdugos, é altamente irritante e vexatoria. El non soubo contarlle, que cando pensaba en Arte, tiña a súa imaxe na cabeza. Pero tamén lle pasa cando chove, camiña, sinte, ou simplemente, cada unha das veces que respira.