De vacacións e feridas

Comezaron as marabillosas rutinas das sagradas vacacións.  A reconfortante tempada de desidia ao borde do mar, que dicía a canción, e tamén aqueles baños de mar que, antigamente, receitaban os médicos como remedio eficaz contra moitos males. 
Moi poucas cousas poden rachar coa paz solemne dos paseos pola praia. Pero habelas, hainas. Unha delas, é o xogo maniqueo e absurdo, de darlle máis ou menos valor a unhas vítimas do terrorismo ca outras. É un erro manifesto intentar dividir á sociedade nun tema, no que estamos todos e todas de acordo. Todos temos mortos no corazón e na memoria. 
Todos e todas arrastraremos para sempre ausencias, que fan abrir feridas e asomar bágoas cada dous por tres, e especialmente coas sesgadas referencias partidistas. As vítimas xogan todas na mesma división. Tentar darlle máis valor  a algunhas delas, por oportunidade ou por ideoloxía, non serve para  intentar fortalecer a importancia da loita que unha sociedade enteira levou adiante, con moito  sufrimento, contra unha brutal e inxustificable praga terrorista. Din que cando o diaño non ten que facer, mata moscas co rabo. E algo así debeu pasar. 
Pero no Senado, con maioría do PP, entenderon que a mellor maneira de diluír responsabilidades polas manchas da corrupción que lles afecta, e de que maneira, é a de manchar, gratuitamente,o nome e a facenda de todos os partidos nunha, tan inútil coma absurda, comisión de investigación que só busca estender unha mancha, que está perfectamente delimitada nas siglas populares. Como nun punto e aparte, a tarde continúa. Estiro a toalla, e recoñezo que non me custa nada pensar en ti, que incluso é moi doado ... O certo é que es tan pensable...

De vacacións e feridas

Te puede interesar