De tempos mellores

Así, case sen darnos conta, despedimos outro ano. E damos a benvida a un 2018, do que agardamos que nos traia de todo, pero moito máis e mellor que do que vivimos no 2017. Permítanme dicir que estes mandamentos resúmense en dous. Que foi un ano perdido, tanto no territorial como no social. Falamos demasiado da necesaria revisión do modelo territorial, pero ninguén lle pon o cascabel ao gato. Precisamos un novo marco, onde encaixe a ampla diversidade que somos, para poder seguir convivindo xuntos.
Pero o tempo pasa e ímonos poñendo vellos, cantara Pablo Milanés, e semella que nunca é oportuno, nin adecuado, nin conveniente, modificar a Constitución. E así vivimos situacións grotescas e de maior perplexidade aínda, nas conversas para formar Goberno. Comparto con Iñigo Urkullu o de que facer política implica estar presente, non se pode gobernar un país por Internet. Hai quen xoga a temas que non tocan.
Pero aínda é peor a fractura social. A brecha entre ricos e pobres medra dun xeito vertixinoso. O concepto de traballadores pobres, recentemente acuñado, reflexa claramente a realidade da nosa estrutura laboral. Se engadimos a corrupción, tan amplamente rexeitada, coma xeneralizada, a tenor das numerosas causas, procesos e tramas que acumulan comparecencias nas sedes xudiciais, o panorama é desolador.
Máis se algo se lle pide ao 2018 é que a loita contra a violencia de xénero sexa prioritaria. Que haxa planificación e protección, que se escoiten as denuncias e se elimine esa lacra asasina intolerable e insoportable, que mata sen escrúpulos, razón, nin conciencia.
Sabes? díxolle El, sen ti é como se lle faltase un anaco grande ao día, as mellores horas... as que inundan de emocións os sentidos...

De tempos mellores

Te puede interesar