• Miércoles, 22 de Noviembre de 2017

De sentidos e carencias

Dicía a miña avoa, que tiña pouca universidade, pero moito sentido común, que como andarán esas cabesiñas, para dicir o que din! E que pasan cousas que semellan formaran parte dun programa de cámara oculta.

Dicía a miña avoa, que tiña pouca universidade, pero moito sentido común, que como andarán esas cabesiñas, para dicir o que din! E que pasan cousas que semellan formaran parte dun programa de cámara oculta, ou dun guión de Santiago Segura, para outra versión do casposo Torrente. 
A proposta da CUP Capgirem Barcelona de expropiar a catedral de Barcelona para poñer un economato e pisos de acollida, semella unha broma que ten a mesma xustificación, que empregar canóns para  matar as moscas. Non fai falla espir a un santo para vestir outro. Seguro que hai fórmulas e maneiras de poder facer e desfacer, sen causar danos colaterais innecesarios, sobre todo se é por unha boa causa. 
Hoxe ditouse a primeira sentenza de condena de prisión permanente revisable, tristemente a un individuo que  matou brutalmente as súas pequenas, e todo para facer dano á súa exmuller. Unha violencia tan innecesaria e cruel,  e tan inexplicable que sorprende e sobrecolle. O fiscal chorou ao describir os feitos. Non merece nin nome nin memoria. Chegou xullo, e con el chega tamén San Fermín. Non sei se lles pasa, pero máis alá da plasticidade estética dalgunhas imaxes, eu non preciso maior información da que poida darse nun telediario. Pero adicarlle programas, encerros en directo, momentos previos, seguimento en directo de número de feridos, análise pormenorizado das carreiras, entrevistas a corredores...é realmente necesario? 
Por certo, xa no primeiro día hai dúas denuncias por abusos sexuais e un detido pola mesma causa... Chegou o verán como chegan as boas emocións, por sorpresa... pero El sempre soubo que Ela sería importante na súa vida. Xusto dende o primeiro instante no que os seus ollos, inesperadamente, se encontraron...