De patentes de corso

Algún tipo de pandemia ou mal de altura debeu chegar para quedarse nas nosas sociedades. Ven acompañada de diversos efectos secundarios, como a soberbia, o abuso, o engano , a lasitude moral e a facilidade para confundir o público co privado.
E semella que, voluntaria ou involuntariamente, despraza o equilibrio existente, querendo converterse en actores principais, cando o certo é que só teñen nivel para filmes secundarios. É o mundo ao revés.
Ou o xogo dos espellos, onde tan só os que manexan as tramas dos enganos, sobreviven. E así os que deberan calar falan ata polos cóbados, e os que deberan cantar dunha vez por todas, calan por prescripción legal do seu avogado de cabeceira. Bárcenas falou en non se lle fixo caso.
A algúns se lles investiga de oficio despois dunha denuncia anónima. E outros figuran en papeis, e ata en varias ocasións, e non pasa nada.
Ou o cinismo dos Pujol, que encargan que lle fagan uns libros para lavar a súa (deteriorada) imaxe. Ou medios que están nunha especie de cruzada sempre contra o mesmo, Sánchez, e xa cheira.
Véxase Ferreras que semella lle fora a vida no empeño. Hai algúns que, por algún tipo de darwinismo social, creen ter a patente de corso para desprestixiar, destruir e minusvalorar a outros gratuitamente, como Javier Marias ven de facer con Gloria Fuertes. Inxusto e innecesariamente vulgar.
O Rei emérito protesta, con moita razón, por non ser invitado ao 40 aniversario das eleccións. E mentres, na fiestra cae a tarde e ti, dende a distancia, repites aquilo de que nunca teremos despedidas, porque estaremos xuntos para sempre... iso é falar dixen eu, con intencionalidade e doce aleivosía...

De patentes de corso

Te puede interesar