De dramas e barbaries

Hai situacións que, por más que formasen parte de hipotéticas tramas de traballo, non deixan de causar abraio e sorpresa cando fatalmente, suceden. A posibilidade de atentado en España, desgraciadamente, formaba parte prioritaria da axenda de traballo das Forzas e Corpos de Seguridad do Estado. Nas últimas semanas as detencións e seguimentos, os esforzos preventivos foron inxentes, especialmente nas grandes cidades, declaradas polos terroristas coma objetivos prioritarios. Pero a barbarie brutal e ilóxica aparece, golpea, sorprende e sempre causa máis dor, porque actúa de xeito indiscriminado e buscando causar o maior dano posible.
Pretenden, ademais do impacto, aproveitar a onda expansiva e o efecto multiplicador das portadas de prensa e das axencias de noticias de todo o mundo, para sementar o terror nas sociedades sobre as que dirixen os seus atentados. Desgraciadamente, España coñece esa dor na sua propia pel. Hoxe tod@s somos Barcelona e Cambrils. Unha ruptura abrupta da normalidade, que marca una liña de acción similar á utilizada noutros atentados en cidades europeas.
E deixa ese desacougo que provoca o convertir espazos de lecer, emblemáticos e multiculturais en escenarios de traxedias inexplicables, inxustas e innecesarias. A sensación de vulnerabilidade, tan consubstancial ao ser humano, espertar os medos colectivos e a activación dos mecanismos de sospeita e desconfianza permanente, son outros dos efectos colaterais que perseguen afianzar no conxunto da sociedade. Ante todo este cúmulo de intencións do terrorismo é preciso o maior esforzo de rearme moral, convicción, integración e unidade da sociedade fronte aos intentos de intimidación e control da nosa convivencia que pretenden. Tanta dor se agrupa no meu costado… dixera o poeta. Como podería conxugar unha ausencia tan poderosas e ampla coma a túa?

De dramas e barbaries

Te puede interesar