Das pésimas xestións

Axestión das emerxencias é a que da a medida real da eficacia do sistema sanitario dun país. E tamén permite coñecer os efectos que os recortes en persoal, recursos e formación, decididos polo  Goberno producen no sistema de saúde. Os fallos na cadea de aillamento ou os causados por malos axustes do traxe de protección poñen en evidencia unha feble aposta pola prevención ante unha epidemia que, pensaban, non sairía de África e que xa chegou aquí.
Todas as situacións teñen as súas causas e poden ser explicadas, pero é inaceptable que os que teñen a responsabilidade política acusen aos afectados e fagan discursos fuxindo do que é a súa única responsabilidade. Un conselleiro non pode lavarse as mans e atacar a vida pública ou privada dunha afectada que está nesa situación por cumprir co seu deber de empregada pública. Algo vai mal nunha estrutura orgánica cando quen ten que saír a dar explicacións (a ministra Mato) non o fai e delega noutro.
Son fuxidas que evidencian fracasos. Son cargas de profundidade na confianza dos cidadáns no sistema que debe protexernos dos perigo. Hai xestos dubitativos que podemos descifrar e que instalan o medo na sociedade. Ademais, proxectan unha mala imaxe da marca España que tanto proclaman, o que deriva na perda de cota de mercado e de credibilidade global das nosas potencialidades como país.

Das pésimas xestións

Te puede interesar