DAS ESCENIFICACIÓNS

Apolítica ten moito de posta en escena. De buscar a mensaxe perfecta, dentro do encaixe perfecto, para que a idea forza chegue máis e mellor ao cidadán. E canto máis se repita, máis eficacia na consecución dos obxectivos. Pero, como en todo, hai mestres e aprendices.
Os grandes comunicadores son como os grandes actores: escasos. Por iso á inmensa maioría se lles nota sobreactuados, pasados de xestualidade ou carentes dela. Son eses que se quedan na repetición mimética das frases tipo, para que pareza que saben e que están na allada do que sucede, cando realmente non é así. Practican un servilismo interesado aínda facendo un ridículo espantoso (lealdade). Por iso cando escoitamos recursos do estilo: “como non podía ser doutra maneira”, ou o clásico “a culpa é da herencia recibida”, sabemos que son persoas que non teñen nada que aportar. Así, podemos desconectar e adicarnos a outra cousa.
Moitos son uns auténticos posturitas. Quedan na mera e forzada pose sen substancia nin fondo. Son os que tiran de argumentario sen interiorizalo. Estamos no dominio dos socorridos eufemismos, que disfrazan a verdade do que vivimos con palabras ligth, baixas en significado, para crear espazos neutros, asépticos, e pareza que todo funciona cando non é así.
O luns 17, un titular de prensa recollía que case un millar de galegos se deran de baixa como autónomos nun só mes. Esa realidade durísima choca coa linguaxe triunfalista de Montoro de que España é o gran éxito económico do mundo. Non interesa a verdade, interesa o discurso. Estamos en mans de publicistas para gañar eleccións. Coidan a presentación e non o contido. A garabata como garantía. A credibilidade nunca cotizou na Bolsa.

DAS ESCENIFICACIÓNS

Te puede interesar