A cuadratura do círculo

As eleccións europeas deixaron tras delasuns ronseis de preguntas que, desesperadamente, algúns tratan de responder de xeito automático. E iso, é simplemente imposible. Cadrar o círculo pode semellar doado, pero non o é. Ante situacións novas, non podemos responder con planeamentos antigos e caducos. As pócimas máxicas ou os bálsamos de fierabrás, existen só nas lendas populares. Para todo o demais, é preciso moito traballo, moito esforzo e moita intelixencia. Os partidos tradicionais, convertéronse en auténticas máquinas mastodónticas, que costa deus e axuda poñelas en marcha. E na mesma medida, son refuxios de intereses e dominios, logrados en base aos equilibrios territoriais e intercambios de cromos de poder.
Fronte a iso, novas organizacións que viven directamente nos problemas cotiás da cidadanía, non precisan case estruturas para asomar a cabeza e recibir apoios. Mentres, Rubalcaba fai o que ten que facer, despedirse, e convoca un Congreso Extraordinario. E, como se abrira unha caixa de Pandora, empezan os dimes, diretes e batallas. Eu, persoalmente, comparto a elección por voto directo dos militantes, e penso que poderán atopar a fórmula para encaixar esa posibilidade. Pero tamén sei que é preciso actuar en moitas frontes, se o que se pretende e recuperar credibilidade.
Fóra do PSOE ninguén fala desas liortas. Os cidadáns preguntan como limitar mandatos e evitar desafiuzamentos; que facer coas preferentes e como solventar o paro; ou como reducir as cargas e como recuperar dereitos. As respostas ás preguntas que non soubemos responder nos últimos tempos. Hai tempo e hai esperanza. A clave está en crear futuro en non en falar do pasado. Facer que os círculos sexan eficaces coma círculos, pretender disimulalos dándolles outra forma, é un esforzo inútil.

A cuadratura do círculo

Te puede interesar