Cousas de axendas

Dúas novas coordenadas empezan a marcar as axenda das forzas políticas, especialmente a do partido do Goberno. A actualidade e o trazado do futuro inmediato están encadrados entre as eleccións europeas e as vindeiras eleccións municipais, a celebrar no 2015 ¿conxuntamente coas xerais? E empezan a asomar nerviosamente iniciativas de mil formas e tamaños, ocorrencias sen reflexión e que virán máis canto menos tempo quede para as eleccións.
Non é ideoloxía, é oportunidade. Rajoy anuncia a bombo e platillo unha baixada de impostos para todos. Resulta que nin é tal baixada, nin é para todos. Pero a despiadada maquinaria de titulares anuncia por terra, mar e aire o cumprimento da promesa de baixar os impostos. Agora, a pretensión é modificar a Lei Electoral. Rajoy quere que sexa alcalde o máis votado, e non unha coalición de perdedores. Non contempla que, cando os pactos non lles favorecen, por algunha incapacidade será. Pero no xogo democrático de maiorías e minorías os límites están delimitados. Ten moito que ver coas súas propias expectativas. Pero nunca as leis poden modificarse por caprichos partidistas. Despois, pasa o que pasa, como o do “cacique branco”. Ese conseguidor que enchufou a dedo a 104 persoas, sen concurso nin publicidade nin lei algunha.
Por certo, que se eliminen os aforamentos. Hai quen os confunde con ser intocable. Gran exemplo o de Sarkozy. E co verán, chega o campamento das FAES, ese laboratorio de ideas que está derivando en cámara de novos tormentos. Piden reducir o salario mínimo e o subsidio de desemprego. Éramos poucos... ¡non chegaba coa troika! Debe ser algún novo tipo de síndrome de Estocolmo dos populares radicais

Cousas de axendas

Te puede interesar