De compromisos e hologramas

De novo un 25 de novembro. E de novo, un goteo dramático e incesante de mulleres asasinadas polas súas parellas. Polas persoas nalgún momento mais sentidas e coas que compartiron ilusións e vida. Van 50 mulleres  asasinadas neste ano 2017 e cinco nenos/as utilizadas como recurso para incrementar brutalmente o sufrimento. Afiamos palabras poderosas, vistosas emocións e as nosas mellores intencións para pedir pura vida, canles para reconducir desenganos e esperanza para poder empezar, con dignidade, de novo.
Debemos atender especialmente aos máis novos. Non podemos permitir que vexan como normais condutas de control e de dominio que as súas parellas lles impoñen, e que nada teñen que ver co amor e moito menos, coa igualdade, a tolerancia e o respecto. É un tema de Estado. Pero tamén da sociedade. Todos somos vítimas das mentalidades absurdamente inxustas. Os gobernos deberan estar á altura do seu papel...
A medida que van pasando os días a imaxe de Puigdemont perdeu toda a pátina institucional –se algunha lle quedaba trala fuxida para evitar o cárcere– e foi asemellándose máis a unha caricatura do que foi, e que evidencia os seus erráticos e inexplicables comportamentos.
Os seus cambios de opinión, decisión e a ausencia dun criterio coherente fan del o protagonista dunha traxicomedia, hilarante e absurda. Dun reallity show con ameaza de holograma incorporado que está moi lonxe do drama existencial que pretende vender non se sabe ben a quén, nin cómo, nin para qué.
Perdoa, hoxe non puiden dicirche cousas bonitas –dixo El–, hai días grandes e días pequerrechiños, xa sabes... Sempre dis cousas  fermosas –dixo Ela– incluso dende o silenzo... porque todo o fermoso, vive prendido en ti...

De compromisos e hologramas

Te puede interesar