De campañas e gueras

Estamos de volta. E non é pola nova entrega da Guerra das Galaxias, que tamén. Senón pola campaña que, dende agora, xa ten razón, sentido e función. Rematou a X Lexislatura. Para configurar a XI, xa se puxeron en marcha os movementos de tropas, e a defensa, numantina, dalgunhas das posicións. 
As linguaxes bélicas, engraxan e preparan a súa munición máis letal. Aquela que permite un máximo de eficacia cun mínimo custe. Dicir máis con menos, ou quedando a medio camiño entre dúas ideas opostas, é unha arte que precisa ensaio e estratexia. Mentres, os gobernantes en funcións, venden éxitos, segundo o seu criterio. E os candidatos a gobernar, venden proxección e imaxe. Dificilmente coinciden.  O éxito da recuperación económica e do emprego que vende o PP, choca coa afirmación Socialista de que hai 33 millóns de horas de traballo menos no noso país, que o Goberno non di. Ou que por vez primeira, temos traballadores pobres. 
Por iso, os exércitos da dialéctica empezan a reorganizarse. Aqueles que poden, xa que algúns seguen sumidos na desorganización. O circo das inauguracións e as promesas ten as portas abertas e os focos acesos. Na carreira que empezou coa disolución das Cortes, asoman xa campañas publicitarias de corta e pega. Plaxios descarados e cutres doutras latitudes e outras novas coas características saídas de pata de banco; que sempre teñen como argumento a esaxeración na crítica e a mesma esaxeración no compromiso adquirido. Obviando as loitas de nomes polos postos a repartir, o importante é asentar capacidade e compromiso, solvencia e credibilidade. E moita cabeciña e medida nos compromisos, non prometamos pontes onde nunca houbo ríos.   

De campañas e gueras

Te puede interesar