• Miércoles, 22 de Noviembre de 2017

DA DESESPERANZA

Hai situacións que evidencian a fonda deshumanización

A náusea

Hai días nos que un, xa se levanta cun fondo malestar. E a medida que accedemos ás informacións de xornais e televisións, remata por converterse en náusea pura e dura.

DE PAPEIS E PAPELÓNS

Amaioría dos cidadáns descubriron  nestes días que Panamá 

DENDE UN NOVO ABRIL

Instalouse a Primavera, coa súa promesa renovada de flores  e de froitos. Os Teatros en Madrid, moi acertadamente, celebran a Noite dos Teatros con descontos do 25% en tódalas funcións. A climatoloxía, segue sen facer valer as notas, ou moléculas de verán, que agocha...

DE MEDOS E FERIDAS

Unha das frases máis repetidas ao longo da historia 

DE UE E DAS BANDEIRAS

Adecisión da UE no tema dos refuxiados sirios leva camiño de converterse nunha fractura entre administradores e administrados. A concesión a Turquía do statu de xendarme desta pretendida Europa do benestar fronte á dramática situación dos que foxen para salvar a vida...

DOS ANIVERSARIOS TRISTES

Por máis que pase o tempo, hai aniversarios que seguen deixando un fondo pouso de tristura. Foi como abrir os ollos a unha realidade da que algo sabiamos pola prensa e televisións, pero que semellaba non ter nada que ver coa nosa realidade cotiá. Descubrimos de golpe a vulnerabilidade...

A imposibilidade

Descoñezo se houbo ou non boa vontade. Incluso, se houbo intención manifesta e real de chegar a acordar algo por todos ou algúns grupos.

Hazañas Bélicas

In illo tempore, cando eu vestía pantalóns curtos, había unha coleccións de cómics que tiñan coma eixo central, as batallas entre americanos e xaponeses, ou entre calquera dos países aliados contra os alemáns.

FALANDO DENDE LONXE

 Alonxanía é sempre un marco propicio para moitas cousas. Algúns falan dende lonxe como non o fan cando teñen máis próxima á súa masa electoral. Semella que a distancia promove a locuacidade. E Rajoy vai dun solto que chama a atención....

DE ESPECTÁCULOS E COMEDIAS

Foi unha semana de comedia. E non só polo lamentable espectáculo dos titiriteiros, que xa lle chegou ben, se non por outros tamén de calado, e que evidencian que algúns Ministros en funcións, non teñen máis argumentos que o recurso á manipulación e ao...

De tratamentos e titulares

Moitos medios abriron nestes días as súas portadas con corpos de letra enormes e titulares de impacto. Se observáramos os tratamentos informativos que moitos están a dedicar ao feito de que Pedro Sánchez intente formar goberno, semella que acontecera unha catástrofe con...

De presións e resistencias

Dende sempre, a Presión é o resultado de relacionar a Forza coa Superficie, e pon en evidencia a fortaleza ou a debilidade das estruturas.

Dos inmobilismos excesivos

Mariano non pode. Xa o deixara entrever na falsa chamada do president catalán: Teño a axenda moi libre. Non se lle coñecen máis intentos de pacto que a charla con Pedro Sánchez, onde dixo que non chegara a propoñerlle nada, porque non o veu disposto. É un inmobilismo...

Dos xoguetes rotos

Na política, pasa como cos grandes temporais que ás veces asolan as nosas costas. Que nada pasa desapercibido e que deixan evidentes consecuencias. Unhas, as derivadas das forzas da natureza, deixan árbores caídas, desbordamentos de ríos ou  ameazadoras choivas incesantes. As...

De baróns e outras historias

Algo funciona mal, cando os plantexamentos das Institucións, non coinciden coa realidade social. Por iso, sorprende a bipolaridade, na meirande parte das declaracións, dos mal chamados Baróns do Partido Socialista. Sorprende, que sexan capaces de facer unha cousa nos seus territorios, e esixir...

DA MAXIA DO NADAL

Nunca teremos un Nadal como os que vivimos na infancia. Non foron mellores no económico, ou na cantidade de regalos, ou en toda a ampla variedade de exquisiteces que hoxe enchen calquera mesa. Pero tiñan un sabor como máis de verdade. Unha autenticidade vinculada ao feito de asomármonos,...

BUSQUE, COMPARE... E VOTE

Chegaron os tempos electorais. Polo Nadal, como as boas emocións, os mellores sentimentos e o turrón. A alguén lle vai tocar a lotería da responsabilidade de formar goberno. E en dúas semanas coñeceremos se as enquisas recollían opinión ou estaban a fabricar...

DUN NENO LABREGO

Finou Neira Vilas. Foi un dos grandes da nosa Escrita.

DAS PALABRAS DUN MINISTRO

Dixo Méndez de Vigo, ministro do ramo Educativo, que temos demasiados universitarios. Que chegan demasiados xoves ás universidades. Do ministro de Educación, a quen se lle supón interese en lograr xuventudes máis e mellor formadas, agardamos manifestacións cunha maior carga...