Francisco Mantecón: paixón e cálculo

AFundación Luis Seoane, en coproducción co museo Marco de Vigo, ofrece una mostra retrospectiva de Francisco Mantecón (Vigo,1948-2001), que recolle especialmente a súa obra das dúas derradeiras décadas da súa vida; trátase dunha obra marcada polo rigor constructivo, no que –sobre una base xeométrica na que predominan os espazos rectangulares– vai xurdindo toda una cuidada modulación de liñas e trazos inclinados, que suxiren ritmos e movimentos que tanto poden lembrar direccións como choivas  axitadas polo vento ou como reflexos da luz no seu ir e vir sobor da superficie do plano; xoga tamén con evocacións de texturas de mármore, de pedra, de terras e augas que desacougan a lisa craridade   dos planos do fondo. 
Consegue así cuidadas composicións, sometidas as reglas da harmonía, o mesmo que a música, pero nas que ao mesmo tempo a dixitación melódica, é decir, a emoción –eso sí, sempre contida– é posible. Mantecón é un artista de sutilezas e as súas obras son páxinas perfectamente deseñadas, para que falen, xuntamente, de estabilidade, de equilibrio, de sosego, pero tamén de azar, de inquietude, de ruptura, de imprevistos. Como usa métodos exclusivamente abstractos, composición, debuxo e cor deveñen elementos simbólicos e deben lerse como se fai coa escrita, coma una linguaxe que fala en clave visual; así, tres rectángulos negros paralelos poden falar de opacidade ou de días borrados; catro cadrados rosa, lenemente tintados de un apenas visible gris, poden devolvernos unha visión de auras plácidas, de gozos íntimos, de rosicleres de amencer; un rectángulo de cor chumbo, perfectamente horizontal sobre o que repousa outro igual, pero inclinado, pode decirnos que hai pedras fundacionais, pedras que son sostén, pero tamén hai fendas que se abren e que removen os máis seguros cimentos. Outras veces, os ladrillos constructores voan polo ar en todas direccións ou  as rectas columnas sofren un seísmo e os pilares de abaixo escachan en fragmentos.
Continuamente, Mantecón somete a súa obra a estas sutís dialécticas e opón as ideais construccións da intelixencia, as pulsións anímicas da man que risca con trazos e liñas de cor da terra ou de cor da noite ou de cor da auga, para expresar o inexpresable, o que debe quedar así, latexando no ar, vibrando no espazo, o mesmo que a música. Pois –como él mesmo decía, en entrevista do ano  87– : “se non tes emoción non sae nada”.

Francisco Mantecón: paixón e cálculo

Te puede interesar