OS EMPOBRECIDOS DE EUROPA

Quen teña curiosidade en coñecer a parte máis humana dos resultados logrados polo proxecto global da UE pode encontrar algo que a primeira vista o sorprenda. Varios países de Centro Europa viñeron representando dende hai algúns anos un paraíso de benestar para aquelas persoas que tiveron a oportunidade de entrar nese edén. Pero, o que xa non parece tan comprensible é o permanente aumento da cantidade de empobrecidos. Nese paraíso caberíamos todos se o reparto se fixera con xustiza. Pero a maioría da clase política, obedecen ao imperio do neoliberalismo económico. Como botón de mostra está Grecia.
Hai unha mafia que ven parindo empobrecidos. Pola contra, se o reparto non  dependera do Banco Central Europeo, chegaría para todos. Os políticos sábeno. Pero, obran así porque son conscientes de que o empobrecemento non é un problema económico senón político, e non están dispostos a coller o touro polos cornos porque iso esixiríalles un cambio de rumbo nas súas políticas.
Os compromisos adquiridos coa banca establece non alterar a letra dos seus acordos nos que os empobrecidos non aparecen. Así é que ningún goberno dedica un ministerio para buscala forma de erradicar a pobreza; se  cadra presentan un departamentiño de política social, para facer calar  a aquela parte máis sensible de esta sociedade. Esta Europa actual semella estar pasando de ser berce da ilustración a comadroa dos empobrecidos. ¿E que facemos os cidadáns? Deberíamos organizarnos; existen formas e exemplos de como conseguilo, e de como facer o imposible para devolverlles a dignidade aos empobrecidos.
Manolis Glezos, un grego de 92 anos, eurodeputado de Syriza, conserva aínda a enerxía coa que en 1941 subiu ao Partenón de Atenas e arrancou a bandeira plantada alí polos nazis. Actualmente está a loitar por recuperar a dignidade que perdeu o seu país pola irresponsabilidade dos políticos. Diferente postura mantén Mariano. El preséntase, presumindo sen xeito, como o salvador da España en ruínas que, asegura, deixaron os gobernos socialistas. Mariano, firme el ademán, ¡siempre con la Troika!

OS EMPOBRECIDOS DE EUROPA

Te puede interesar