SERIEDADE

Opresidente do Goberno español dixo que había que apostar pola seriedade. Isto da seriedade parece consubstancial no señor Rajoy, dada a súa teima en actuar así.
Non hai máis que ver os serios recortes producidos na sanidade, na educación, no aumento das pensións, nos salarios dos funcionarios, nos dereitos dos traballadores ou as serias medidas no tema da xustiza, no tema dos desafiuzamentos, no tema das persoas dependentes, nas liberdades de expresión, de manifestación e non sei en cantas outras cousas máis.
Parece claro que a marcha deste Goberno condúcenos cara a un serio retroceso nas conquistas sociais. Xa que logo, non é de estrañar que o señor presidente insista na seriedade, visto o bo resultado que deu para as grandes empresas, os bancos, as multinacionais e, en xeral, para os que teñen unha saneada e segura economía.  
Os parados, os que non chegan a fin de mes, os que non poden pagar a hipoteca, o que teñen é un serio problema. Seriedade? Pois si.

SERIEDADE

Te puede interesar