PITADAS

As pitadas ao himno español parece que alporizaron a un sector concreto do país, que non se para a pensar na causa desas pitadas.
A min paréceme unha disputa de raparigos da escola de primaria, provocada polos que queren apropiarse do himno, como antes quixeron facerse  donos da bandeira, nun esforzo baldío por querer ser máis españois que os demais.
Está claro que, ao que se pita, é a un símbolo que se supón “propiedade dos outros”, porque ninguén pitaría ao “ himno seu”. É como cando “os do Madrid” pítanlle ao Barça e “os do Barça” pítanlle a o Madrid. Partindo da base de que todo o mundo ten dereito a pitar ao que lle pete, no caso dos símbolos supón máis que nada, unha clara falta de educación, que debería ser evitada cunha boa dose de cultura cívica, proporcionada na escola.
Agora que o penso, non había unha asignatura de educación cidadá ou algo así? E, quen a quitou e por que? Os mesmos que agora se queixan? Pois parece que sigue facendo falta. Non si?

PITADAS

Te puede interesar