El Ideal Gallego Digital
  Miércoles, 19 de Noviembre de 2008

Touriño admite que a suba do 6% das pensións mínimas en 2009 é modesta

EUROPA PRESS > OURENSE
Touriño saúda aos xubilados que asisten o encontro cos maiores de Ourense EFE/ ROSA VEIGA
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, recoñeceu onte que é “modesta” a suba do 6% das pensións prevista para o próximo ano, pero destacou que se trata “dun esforzo importante” en período de crise porque, a pesar da situación económica “complicada”.

Nun novo encontro con persoas maiores, neste caso no Centro da Obra Social de Caixa Galicia da cidade de Ourense, o presidente galego asegurou que as prestacións pasarán de 528 a 559 euros de media. “A economía vai mal e temos crise, pero as pensións están aseguradas e van subir”, o subsidios incrementaranse “tres veces máis que a suba prevista do IPC”, asegurou.

Para exemplificar o papel dos maiores na sociedade, Touriño subliñou que Galicia conta actualmente con 259.000 persoas que perciben pensións mínimas, o que supón o oito por cento das que se abonan en España, mentres que a poboación galega só representa o seis por cento da española.

O presidente da Xunta repasou medidas impulsadas polo Goberno galego, como a rede de centros de día e de atención a persoas con Alzheimer, o Servizo de Atención á Mobilidade ou as avaliacións xa realizadas das solicitudes de dependencia e fixo especial fincapé en que dende o 10 de novembro se paga o complemento autonómico das pensións non contributivas. Así, recordou que 51.000 galegos cobran unha paga única de 200 euros, para o cal habilitouse unha partida que supera os 10 millóns de euros.

O dirixente socialista garantiu aos presentes que o sistema de pensións perdurará “ata o umbral do ano 2026” e manifestou que o modelo de desenvolvemento e crecemento ten que deixar a un lado as “desigualdades”. Aa seu xuízo, o sistema de pensións está garantido “durante as próximas décadas” nun momento de crise , “polo menos até o ano 2023”, “extensible ata 2026”,engadiu.

Neste sentido, explicou que cando “dende algún partido político se comete un erro” ao afirmar: “Coidado coas pensións”, hai que “ter claro” que o sistema de asistencia social é un “pacto que está por enriba de todos os partidos políticos”. Asegurou tamén que o sistema de pensións está “asegurado” durante todo este período e engadiu que se está a incrementar “a contribución á caixa” para períodos vindeiros. Deste modo, quixo lanzar unha mensaxe de “tranquilidade” aos pensionistas tras o seu último encontro co ministro de Traballo, Celestino Corbacho.

Touriño destacou así mesmo o sistema público de educación e sanitario, ademais da rede de servizos sociais coa que conta España e Galicia e contrapúxoo con que en EEUU, o novo presidente electo prometeu a creación dun sistema sanitario público porque “é necesario”, dixo.








copyright EDITORIAL LA CAPITAL S.L.
Polígono de Pocomaco parcela C-12 Tlf. 981 17 30 40
A CORUÑA (España)