Imprimir

Morre Xosé Manuel Seivane, o iniciador das mellores sagas de artesáns da gaita

marta garcía márquez > a coruña - Actualizado 28 Enero 2012 - 02:02 h.

O construtor de gaitas comezou a disparar pezas hai máis de setenta anos .Quintana
Baixo un escueto comunicado, a familia Seivane anunciaba a primeira hora da mañá de onte o falecemento do seu patriarca, Xosé Manuel, aos noventa anos de idade.

 Baixo un escueto comunicado, a familia Seivane anunciaba a primeira hora da mañá de onte o falecemento do seu patriarca, Xosé Manuel, aos noventa anos de idade. O iniciador da saga de gaiteiros recibirá sepultura mañá, ás catro da tarde, en San Xurxo de Piquín, na Ribeira de Piquín, localidade próxima a súa Fonmiñá natal, onde construía hai preto de setenta anos o seu primeiro taller.

Desde o mesmo sitio no que comezou a disparar gaitas a todo o mundo, unha delas tocaralle unha última peza ao vello que foi quen de darlle a volta despois de coller apuntes dunha pequena enciclopedia sobre vellas ferramentas. Antes, a parroquia cambresa despedirá ao construtor de foles na capela ardente, que está instalada desde onte á tarde no tanatorio Eiroa, en Almeiras.

Ata alí achegaranse músicos e personalidades do mundo da política e da cultura como o alcalde de Cambre, Manuel Rivas, para despedir a un home que derribou os prexuízos que daquela se tiñan aos que se adicaban a tocar instrumentos para relanzar a gaita entre todas as cousas. Xosé Manuel Seivane dicía hai menos dun ano neste xornal que seguía tendo a mesma sensación ao tocar unha gaita ben feita que cando colleu a primeira.

Unha creación que saía sen el saber nada e tras seguir os pasos dun tomo do que apuntou datos sobre o torno de ballesta, que non tiña forza motriz. Contaba o experto que el mesmo fixera os calibres sacando as mostras e arrastrando de compás para medir a distancia das notas do punteiro.

Dese primeiro experimento ás últimas que viu saír do taller de Cambre, pasaron sete décadas nas cales, a gaita evolucionou. Medrou ao mesmo tempo que Seivane e chegou ao “do” para facer parella co violín e o acordeón, algo impensable hai anos, comentaba o fabricante. O instrumento chegou a tocar rock and roll á vez que o lucense viraba cara A Coruña para establecer o seu campo de operacións en Cambre, lindando coa mesma autopista que collían centos de músicos para recoller o seu encargo. Mudaban os materiais e do buxo inicial, o obradoiro abastecíase de granadillo, que vén de Tailandia, e entre tanto viña ao mundo unha pequena chamada Susana, a súa neta, coa predisposición de soster un punteiro de maior coa mesma gracia coa que o facía aos tres anos. Foi entón cando Xosé Manuel dixo aquelo de “De aquí vai a saír moito”. Non erraba. E do mesmo xeito que a gaita estivo sempre ao seu lado. Coidando do gando en Fonmiñá e nos campos da festa co grupo Airiños da Ribeira, hoxe ela non pode estar ausente. Vestida de negro e sen deixar de soar.

Puede ver esta noticia en www.elidealgallego.com: http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/morre-xose-manuel-seivane-o-iniciador-das-mellores-sagas-de-artesans-da-gaita/20120128020212015374.html

© 2005-2011 Diario digital Ideal Gallego
Queda prohibida la reprodución total o parcial. Todos los derechos reservados.