El Ideal Gallego Digital
  Domingo, 7 de Septiembre de 2008
SECCIONES
   

 

 

PAISAJE Y PAISANAJE
“ÉNCHEME SER CANTANTE TABERNARIO”

JOSÉ MARÍA VILLOT

PACO LODEIRO ACTOR, CÓMICO, PRESENTADOR E PRODUCTOR DE TELEVISIÓN

Coñecémonos, como non, da tele. El, co Pereiro, Blanco, Losada, Bermúdez, etc, eran a “nova onda”, a vangarda dunha televisión que (¿lembras Josito?) preguntábase si “hai vida o outro lado da pantalla…”. Paco Lodeiro, naqueles tempos traballou no programa “Verán que verán…” e andaba en todos os “saraos”. Xa era un “crack”. Vostede é un artista, un cómico, un presentador, un xornalista que o mesmo vale para un roto que para un descosido…?

- Alguén con vocación de entreter. En cada lugar de traballo hai un, que é o que busca o sorriso dos compañeiros, que fai coñas coas novidades que van aparecendo na empresa... so a mín véseme mais.

--E vostede de quen é... Isto, que parece orixinal é para que faga unha pequena biografía. Pero sin pasarse...

-Made in Venezuela con material importado de Mabegondo e Mondoñedo, vivo desde os catro anos na zona de influencia do Sin Querer SD -equipo de fútbol no que xoguei 10 anos-. No meu barrio serei sempre o fillo de Dorito, e a miña aspiración é chegar a ser tan aprezado como é meu pai.

--E ¿como un home como vostede meteuse neste chollo da tele....?

-Era o primeiro da miña famila a quen as condicións económicas permitíanlle estudar así que fixen Informática. Logo unhas oposicións. Xa funcionario, compaxinaba ísto con aquilo. Foron chamando máis... e chegou a excedencia que aínda dura.

--Vostede é máis de letras que de cifras ou...?

-Teño días...

--Vive a cabalo entre Madrid e Galicia, non si...?

-Vivir o que se dí vivir... máis en Mera, nos Belés,... pero simultaneo programa na TVG e en Telemadrid, así que entre Barajas e Alvedro ILS mediante...

--Pero a vostede o que lle gustaría é...

-Aínda non teño moi claro que quero ser de maior. Gústame seguir aprendendo cousas, acabo de rematar publicidade. Ando metido na produción de historias que afectivamente me apetecen: Un documental que conta a historia da orquestra Os Satélites, outro sobre o Gardarrios, un maquis que toca algo na familia. Pero o que máis me presta é cantar. Non preciso grandes escenarios. Luis Mosteiro, Mario, Mangüi, Repolo... Éncheme ser cantante tabernario.

--Nótase certo “feeling” entre o trío de Cifras e Letras, o programa da TVG... Cobran e divírtense...

-Como escollín os meus compañeiros, tiña claro que o tiña cos dous... pero entre eles tamén resultou. Non hai diálogos de ficción. O que se ve é o que xurde entre compañeiros que se caen ben, só que nos vésemos máis. E ¿quen dí que cobramos?

--O recoñecen no súper, ¿gosta ou molesta?

-A quen lle moleste que o recoñezan non debería traballar no meu. Que alguén se achegue a dicirche que lle gusta o teu traballo non pode resultar desagradable. É certo que as veces, estás de copas e aparece un que ten a necesidade de contarche unha idea xenial para un programa, e loita por contarcha na orella tratando de vencer os decibelios da música. Para compensar, outras veces entras nos sitios e é mellor. En definitiva, gústame a xente, non encaixo naquela descripición dos que botan media vida intentando ser coñecidos e a outra media intentando que non os recoñezan.

--Non é que non teña máis cuestións é que son un vago.Gaste unhas palabras para dicir o que queira....

-Aproveito para un desmentido. De momento o negriño de Boney M non vive en Galicia. Empecei a dicilo na radio nas conversas Fraga vs Paco Vázquez, e elevouse á categoría de verdade incontestable. E digo de momento, porque na época das loitas a coruña la coruña, o meu trasunto de Vazquez cantaba en defensa o lalalá de massiel... e o verdadeiro alcalde acabou por facerlla aprender á banda municipal...

--Por certo: ¿como anda a sua polémica con Vázquez, don Francisco, polo dos chistes. ¿Como tomaba o embaixador as suas bromas e imitiacións...?

-Teño que dicir que ben.. máis que ben. Un dos imitados máis ledos. O outro Arsenio, un chollo polo boa persoa que é...

--Home... o Arsenio, boa xente. Dame pe para lembrar que vostede xogaba o fúftbol de defensa “leñeiro” ¿non si ..?

-Home con trinta anos remateí na defensa. Queda dito iso de que, cos anos, quedache menos músculo e mais cabeza, polo que presumes mais de “toque” e de “pensar” que de suar e correr...

--Rematou o chollo. Paco marcha a Riazor a ver o Depor e eu quédome coa retranca do fillo de Dorito, xogador do Sin Querer, cómico e cantor nos Belés...



copyright EDITORIAL LA CAPITAL S.L.
Polígono de Pocomaco parcela C-12 Tlf. 981 17 30 40
A CORUÑA (España)