El Ideal Gallego Digital
  Viernes, 12 de Marzo de 2010
SECCIONES
   

 

 

TIRANDO BANDEIRAS
RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS

FRANCISCO XOSÉ CASTIÑEIRA

Touriño foise entre aplausos dos deputados do PPdeG, algúns do Bloque e poucos dos seus colegas socialistas. O ex presidente xa era unha cadeira no Hórreo que non se sabía moi ben onde colocar e todos, nas ringleiras do PSdeG, esperaban que chegase o día de recollida de voluminosos para desfacerse dela. E os tempos foron chegados e o ex presidente decidiu marchar e buscou o seu momento de gloria: un ano despois da súa derrota. Da súa capitulación, porque foi súa en exclusiva, aínda que o seu socio Quintana tamén tivese a súa gran parte de culpa de non renovar o mandato. Para repartir culpas xa houbo tempo, pero foi este último temporal o que arrincou as últimas árbores. Algunha póla queda e algunha outra abrocha á espera da motoserra.

O ex presidente nunca soubo que estaba gobernado Galicia, o seu reino era doutro mundo. Non mostrou decisión en ningún aspecto da política galega e máis ben andaba a golpe de inquérito facendo un día e cambiando de rumbo ao día seguinte. Alguén lle cantaba unha soleá e el saía a bailar no Parlamento por bulerías en aras da interculturalidade, que sabe Deus o que é iso. O seu odio polo reloxo e as horas fixo que chegase tarde a todo e cos minutos contados.

Se preguntamos o que recorda o conxunto da cidadanía (palabra esta que adoraba) de Touriño, a totalidade evocará o luxo desmesurado dun home que vivía como un sultán á conta dos galegos. Nin sequera tivo a capacidade para explicar á xente o seu modus vivendi e dicir que un presidente galego non ía ir de coche oficial nun utilitario e que o seu despacho non ía ser unha táboa sobre dous cabaletes, aínda que lamentaba, e prometía penitencia, que os mobles non fosen made in A Estrada.



copyright EDITORIAL LA CAPITAL S.L.
Polígono de Pocomaco parcela C-12 Tlf. 981 17 30 40
A CORUÑA (España)