|
|
Impresiones de escritores sobre a comunidade
A cidade de Bos Aires acolleu onte, Día das Letras Galegas, a presentación dos tres primeiros volumes dunha colección coa que a Xunta pretende difundir os estudios, impresións e páxinas de grandes autores da literatura que se inspiraron na relación con Galicia, e que arranca con libros sobre Julio Cortázar, Ernesto Sábato e Jorge Luis Borges. Precisamente no acto Borges, Sábato, Cortázar: tres amigos de Galicia, interviñeron tres mulleres directamente relacionadas con eles, como é o caso da viúva de Borges, María Kodama; da compañeira de Sábato, Elvira González Fraga; e da profesora, crítica e amiga de Cortázar, Graciela Maturo; que acompañaron na presentación o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Durante o seu discurso, o xefe do Executivo galego destacou que os tres autores chegaron a Galicia a través da súa diáspora e tras a súa inmersión no zume da Galicia peregrina, quixeron coñecer as raíces que alimentaban unha árbore tan frondosa e de froitos tan xenerosos. Nese sentido, recordou que viaxaron á Galicia interior e o fixeron, cada un deles, nos tres casos, da man de mulleres galegas ou de sangue galego.Así, recordou a visita que Cortázar realizou en 1956 acompañado de Aurora Bernárdez, na que, segundo explica o autor de Rayuela quedou cegado pola paisaxe.
|
|
|