|
|
A exposición Outonarte estréase con desperfectos nunha das súas obras
REDACCIÓN > A CORUÑA
|
|
A mostra de Tizón, antes do ataque |
A mostra Outonarte: sobre o espazo infinito, que fóra inaugurada horas antes, sufríu onte un ataque vandálico. A exposición do artista ferrolán Gabriel Tizón foi destrozada e aínda non se coñece a identidade do autor. Isto amosa que aínda hai xente á que lle doen algunhas realidades sociais, comentou o fotógrafo. O proxecto de Tizón constaba dunha rede de pescar situada enriba dun mar imaxinario -precisamente é este elemento o que vertebra a iniciativa-. Sobre o aparello, aparecían varias imaxes tiradas polo propio retratista, nas que estaban representadas esceas clásicas da emigración de hoxe en día, persoas que se achegaban ata a costa nos típicos cayucos ou inmigrantes nas praias. A idea que o vertebraba invitaba a reflexionar tal e como declarou o autor: Por que uns poden vivir nun lugar e ouros non. Tras este episodio, terá que ser trasladada a outro lugar, no Kiosko Alfonso, deixando a súa anterior ubicación no estanque da estatua a Concepción Arenal. Pese a que Tizón non quixo entrar a valorar os posible motivos polos que a súa obra viuse destruída, é moi posible que tivera que ver coa temática desta. Gabriel Tizón manifestou o seu pesar despois dos feitos acaecidos onte. Por outra banda, o resto da exposición continuará coa súa ubicación habitual.
|
|
|