Reportaxe | Un manuscrito do antigo diccionario de Valladares chega á Real Academia Galega

Reportaxe | Un manuscrito do antigo diccionario de Valladares chega á Real Academia Galega
Copia (2) de El Ideal Gallego-2017-10-18-036-2b3d35a9

O manuscrito do “Diccionario gallego-castellano” chega á Real Academia Galega (RAG) grazas á doazón dos fillos de Crisanto Sanmartín Beiroa (1914-2000), quen durante décadas foi responsable da imprenta da que saíu por primeira vez o dicionario de Valladares. El foi o encargado, seguramente, de salvar da destrución durante a posguerra os papeis que a partir de agora custodiará o Arquivo da Academia, explicou o seu fillo Crisanto. “Estamos seguros de que a ilusión do meu pai sería ver como doamos o que el gardou no seu día ao sitio adecuado”, expresou.

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, agradeceu esta doazón, xa que permitirá afondar no coñecemento sobre o traballo lexicográfico de quen foi tamén o autor da primeira novela en lingua galega, “Maxina ou a filla espúrea” (1870) e ao que á Academia lle dedicou o Día das Letras Galegas de 1970. Tras traballar como funcionario e dedicarse á política, Valladares retirouse aos 45 anos no seu pazo familiar de Vilancosta para dedicarse por completo á recolleita de textos folclóricos, á literatura e á redacción do seu dicionario, o traballo de lexicografía galega máis importante do século XIX. “O dicionario de Valladares é unha obra na que xa hai moito traballo e ben feito. Con ela tiveron noticia do galego os grandes etimólogos da romanística. Estaba nas bibliotecas de Meyer-Lübke, de Wartbur, de Jud, de Piel e de Corominas”, explica Antón Santamarina, coordinador do “Dicionario de dicionarios”, que inclúe a obra de Valladares xunto a outros vocabularios históricos da lingua galega, empezando polos traballos de Martín Sarmiento (1695-1772).

Tras a publicación do dicionario, Valladares continuou a traballar en varios apéndices que chegaron a comprenden cento de voces novas, ata alcanzar ás 16.082 palabras.

 

Reportaxe | Un manuscrito do antigo diccionario de Valladares chega á Real Academia Galega

Te puede interesar