Carlos Blanco: "Aínda que me guste variar, na comedia é onde me sinto máis cómodo"

O cómico Carlos Blanco, durante unha actuación

ACTOR Pasando por televisión, cine e teatro, o intérprete aterriza na coruña pisando forte no teatro colón, coa obra “menú da noite”, xunto a luis davila

Carlos Blanco chega mañá á cidade coa comedia que logrou abastecer o teatro noutras ocasións anteriores. As risas parecen estar aseguradas (e debuxadas) nun encontro co actor arousán e o debuxante de Bueu enriba dos escenarios
Carlos Blanco quere transmitir a través da obra a súa capacidade de facer rir coa comedia, un dos seus rexistros favoritos.

Mañá actuará xunto con Luis Davila no teatro Colón en “Menú da noite”. Espera unha boa acollida por parte do público?
Espero a acollida habitual na Coruña, que é ver o teatro cheo. Afortunadamente, teño un público moi fiel na cidade. Con este espectáculo xa estivemos no Colón dúas veces e normalmente nos acollen moi ben. 

Como xurdiu a idea de facer esta obra na que convínase a obra teatral e o efecto visual?
Pensei na posibilidade de combinar os monólogos de humor cos debuxos de Davila, porque eu son un gran admirador das súas viñetas e das súas ilustracións. Estivemos casi un ano ensaiando, xa que falar faise rápido e debuxar é lento. O complicado era combinar os seus tempos cos meus. Ao final deu resultado, obtendo un monólogo cunha gran cobertura visual, algo que non é habitual.

Como é traballar xunto a Luis Davila?
Pois una marabilla, sinceramente. Primeiro porque me encanta o que fai, pero sobre todo porque é un tipo cun carácter súper tranquilo e non se pon nada nervioso. Aceptou moi ben o que lle propuse, xa que nunca antes actuara en público. Levamos xa cinco anos traballando xuntos e nos fixemos moi amigos. Atopei a un amigo ademáis dun socio, e iso é o mellor que te pode pasar.

Para vostede, comedia mellor que drama. 
Se me dan a elixir, sí. Aínda que agora estou facendo unha serie para Antena 3, “Fariña”, que é seria, a min gústame variar. Pero a comedia é onde me sinto máis cómodo.
Cómo disfruta máis actuando? Facendo cine, televisión ou teatro?
Disfruto cando estou a gusto. Cando as condicións do traballo son boas, cando o guion me gusta, cando traballo con compañeiros que admiro...É como se me preguntas a quen queiro máis, a papá ou a mamá, e respóndote que aos dous por igual.

Nun futuro, espera volver á gran pantalla?
Sí, claro. Espero que sí. A min me ofertas algunha película e eu encantado. Confío en que sí.

Por que recomendaría ao público que acudira a ver mañá “Menú da noite”?
Pois por pasalo ben. Por pasar unha hora e media entretida e divertida. Creo que é unha boa razón para achegarse ao Colón. O espectáculo está pensado para iso, para entreter.